Bóveda e Castroverde no cupón

Seccións: Xogo
boveda_lugo_020718.jpg

Os concellos de Bóveda e Castroverde  (Lugo) foron imaxe dos cupón dos días 2 e 3 de xullo, respectivamente. Ámbolos dous cupóns formaron parte da  serie  ‘Mi pueblo’, que consta de 91 cupóns e está dedicada a localidades con nomes singulares. A serie comezou o día 6 de febreiro do ano 2017 e , precisamente, os dous primeros cupóns, dos días 6.e 7 dese mes, levaron a imaxe doutros dous concellos galegos: Zas e Cariño, ámbos da provincia de A Coruña.


O concello bovedense pertence á comarca Terra de Leos e ten unha superficie de  91 kilómetros cadrados e pouco máis de 1.500 habitantes. Está situado ao sr da provincia de Lugo e limita cos municipios de O Incio,  Paradela, Monforte de Lemos, Pobra de Brollón  e O Saviñao. Concello ben comunicado coas cidades da provinci, posúe certos lugares histórico-artísticos de interese, como a  Capela de San Xil, do século XVII, o Pazo Viance, construido no século XVIII, a capela do Divino Ecce Homo na parroquia de Rubián, do século XVII e  a Igrexa de San Pedro e Santiago, do XVII e  tamén en Rubián.

Imaxe do cupón do 4 de xullo adicado ao concello de Castroverde


O municipio de Castroverde ten unha superfciie de pouco máis de 174 kilómetros cadrados e a súa poboación non chega aos tres mil habitantes. Está na ruta de Camiño Primitivo de Santiago, feito que faise notar nos últimos anos co incremento do número de peregrinos que, de paso para Santiago, poden admirar un importante patrimonio cultural vinculado á Igrexa e á nobleza, así como a Cova da Valiña, xacemento que permitíu documentar o inicio do Paleolítico Superior. Castroverde ten 37 parroquias e, entre elas,  a máis grande de España, Montecubeiro, que ten 37 entidades de poboación

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Publicador de contidos

Webs de ONCE

Logo de la web de ONCE (Abrir en nueva ventana)