Andaina pola Fraga de Catasós

Seccións: Actividades
senderismolalingrupo.jpg

O monumento natural da Fraga de Catasós, no Concello de Lalín, foi o percorrido escollido polo departamento de Servizos Sociais para a última ruta de sendeirismo que realizaron un grupo de afiliados de toda Galicia. Un tesouro da natureza con ecosistema propio e singular,  cunha lonxitude de doce kilómetros e  algunha dificultade técnica como sendas con barro e  o cruce de dous regatos. 

A fraga de Catasós está formada por  unha serie de extensións de terreo poboadas principalmente de especies caducifóleas que,  grazas ao seu aproveitamento tradicional,  chegaron ata os nosos días ofrecéndo castañas, madeira, leña, cogumelos, follas secas no outono e sombra no verán. 

No ano 1954 visitou esta fraga o fitopatólogo norteamericano Filippo Gravatt que quedou abraiado polos exemplares maxestuosos que alí atopou e propuxo a FAO Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación)  a súa protección. Hoxe, esta fraga está declarada Monumento Natural dende o ano 2000, conservando aínda os que poden ser os castiñeiros máis altos de Europa.

 

Imaxe duns sendeiristas salvando un barranco durante o percorrido pola Fraga

 

O percorrido realizado polos sendeiristas da ONCE  permitíulles coñecerr  os  valores naturais e paisaxísticos das fragas de Catasós, e tamén o rico patrimonio histórico e arqueolóxico que hai arredor, todo elo para reclamar a súa protección integral. A fraga, coñecida tamén como Carballeda de Quiroga pola súa pertenza antaño á familia do mesmo nome propietaria do Pazo  situado a poucos metros da fraga, ten 45.185 metros cadrados de superficie, e  algúns dos seus excepcionais exemplares de carballos e castiñeiros acadan os 30 metros de altura e 5 metros e medio de perímetro, estando considerados como os de maior taxa de medranza anual de Europa.

Como anécdota, sinalar que no ano 1864 un dos descendentes desta familia casou coa escritora Emilia Pardo Bazán, quen mais tarde escribiría algúns capítulos da súa obra “Os Pazos de Ulloa” neste pazo de Quiroga. 


 

RRSS_Compartir

Compartir :

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos