A ONCE triunfou na MIMOC 2019
A II Mostra Internacional do Mundo do Lecer, MIMOC 2019, que se celebrou do 15 ao 17 de febreiro no recinto feiral Expocoruña, acadou case 70.000 viitantes durante os tres días. No espacio da MIMOC, xunto a a empresas destacadas do mundo do lecer estivo presente a ONCE co obxectivo de dar a coñecer todo o seu traballo e actividades no mundo do ocio e do lecer. A ONCE dispuxo un espazo interactivo, no que houbo material adaptado para persoas con discapacidade visual e aberto a todo tipo de público que animouse a coñecer un pouco mais das actividades que promovemos desde a ONCE.
Foron moitos os que para porse na pel dunha persoa cega, por exemplo, colocáronse un antifaz e subíronse a un tándem para realizar un pequeno percorrido dentro das instalacións do recinto feiral. Tódalas actividades deportivas programadass tiveron unha boa acollida por parte do público, ademàis do diclismo en tándem que se levou a cabo coa colaboración do Clube Ciclista Mesoiro, houbo unha exhibición de judo coa colaboración do noso compañeiro afiliado, Pucho Boedo, mestre de judo e medallista paralímpico. Tampouco faltou o xadrez, pois o equipo de xadrez da ONCE estivo dispoto para xogar con todas as persoas interesadas. A maiores, disputouse unha partida simultánea dirixida polo mestre Daniel Rivera.
A música da ONCE chegou coa voz do afiliado JESÚS SUÁREZ, líder do grupo rock MAR DE FONDO, que interpretou un concerto acústico. Tamén deleitounos coa súas dotes artísticas a xove afiliada Natalia Beada ao piano. E para rematar tamén houbo unha charla sobre "Recursos , adaptacóns e experiencis de tempo libre en persoas con discapacidade visul", a cargo de Ángeles Fernández de Usera, técnico de Rehabilitación da ONCE e Nieves García Longueira, animadora sociocultural da ONCE.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31