A ONCE tamén homenaxeou a Carballo Calero

Seccións: Protagonistas
carvalho-calero_b.jpg

 Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2020,  a ONCE de Galicia animou aos seus afiliados a coñecer ou, no seu caso, revisar, a obra do filólogo e escritor Ricardo Carballo Calero  que está dispoñible na súa Biblioteca Dixital (BDO). O profesor Ricardo Carballo Calero, figura homenaxeada iste ano, é considerado pola  Real Academia Galega #8211RAG- “unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade so século XX” salientando, ademáis nel “o desenvolvemento dunha traxectoria vital fondamente vinculada á historia do galeguismo”.

Nos fondos da Biblioteca da ONCE, en braille e sonoro e a disposición de todos os afiliados á Organización , figuran algunhas obras de Ricardo Carballo, tales como a súa obra teatral completa, escrita na década dos setenta do século vinte  e formada polas obras seguintes: O Fillo, Isabel, A Sombra de Orfeu, Farsa das Zocas, A Árbore; O Redondel,  Auto do Prisioneiro e Os Xefes.
Tamén, desde hai dous anos, está a disposición dos lectores a famosa novela publicada en 1987 “Scorpio”.

 

Fotografía de Carballo CAlero na súa xuventude, xa en Compostela

 

O profesor Carballo Calero naceu en Ferrol en 1910, pero vivíu gran parte da súa vida en Santiago de Compostela, en cuia Universidade chegou a ser o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas,  ademáis de ensinar a varias xeracións de adolescentes galegas nas aulas do Instituto Rosalía de Castro da cidade compostelá, onde exerceu a docencia apartado da Universidade durante o franquismo. Licenciado en Dereiro e Filosofía e Letras pola USC e doutorado en Madrido Carvalho Calero foi o gran pensador do Reintegracionismo e desde 1981 ata a súa morte en 1990 firmou a súa obra  como Carvalho CaleroAutor dunha importante obra poética, narrativa, teatral e ensaísta, a súa derradeira publicación  foi “Reticencias”  no ano 1990, antes do seu pasamento. 

  A ONCE, no Día das Letras Galegas, animou a tódolos afiliados a achegarse á lectura como unha actividade intelectual esencial para abordar a inclusión cultural e educativa das persoas cegas. Suliñou tamén que  que nestes tempos que estamos a vivir coa pandemia mundial "os libros convértense nunha gran compañía", pois "cada párágrafo, cada verba, traslada aos lectores a un sinfín de escenarios, a mundos imaxinarios ou experiencias vitais, que son a fiestra pola que entra a liberdade e a evasión, tan necesarias no escenario actual".

 

Na imaxe vense as mans dun afiliado sobre o teclado braille do seu equipo informático cando acccede á Biblioteca Dixital da ONCE

 

Na actualidade, as obras escritas en galego na BDO superan as douscentas. Títulos dos autores máis senlleiros (Rosalía, Castelao, Dieste, Cunqueiro, ....) aos consagrados nas últimas décadas (Manuel Rivas, Suso de Toro, Carlos G.Reigosa, Fina Casalderrey), sen olvidar as traduccións de grandes titulos de adultos e nenos (desde Ítalo Calvino a Gerald Durrel, ), nin aos  aos autores infantils e xuvenís. Entre as últimas incorporacións á BDO figuran títulos  como “Senlleiras”, de Antía Vázquez, “Deus sentado nun sillón azul”, de Carlos Casares , “Déixate de contos”, de Alberto Pirata e “Memorias dunha vaca marela”, de Alfonso Eiré.

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Publicador de contidos