A ONCE participou na Festa da Arribada
A Festa da Arribada de Baiona, que iste ano ccelebrou o 525 aniversario da chegada da carabela A Pinta á localidade pontevedresa, fito acontecido o 1 de marzo de 1493, foi a protagonista do cupón do sábado 3 de marzo. Cinco millóns e medio de cupóns difundiron a imaxe do evento que dende o ano 2015 foi declarado Festa de Interese Turístico Internacional.
O cupón dedicado á Festa da Arribada no 525 aniversario do fito histórico foi presentado no Concello de Baioa polo delegado terrutorial da ONCE, Manuel Martínez Pan, e Ángel Rodal Almuiña, alcalde do Concello, acompañados polos concelleiros de Cultura e de Accesibilidade, María Iglesias e Policarpo Vilar, respectivamente, e polo director de ONCE en Vigo, Roberto Gaspar Conde.
O delegado territorial entregou ao alcalde unha reproducción enmarcada do cupón a tamaño maior do orixinal. Manuel Martínez felicitou ao pobo de Baiona polo prestixio que ten adquirido a festa, polo seu recoñecemento máis aló das nosas fronteiras e pola acollida de máis visitantes cada ano, desexosos de participar nunha experiencia exemplar na recreación do ambiente medieval que reinaba aínda en España a finais do século siglo XV.
A Arribada en 4 cupóns dende 1992
Manuel Martínez lembrou tamén que a ONCE homenaxeou outras tres veces máis o acontecemento e os seus personaxes nas ilustracións do cupón. O 19 de outubro de 1992, ano do 500 aniversario do descobremento de América, a imaxe do cupón foi o capitán da carabela A Pinta, Martín Alonso Pinzón. O día 21 de maio de 2003 o cupón estivo dedicado á Arribada da carabela á Real Vila de Baiona e o 22 de agosto de 2007 volveu a aparecer A Pinta como ilustración do cupón dedicado ao Concellol .
O cupón dedicado á XXIII Festa da Arribada no 525 aniversario do fito histórico estivo ilustrado cunha reproducción do cartel oficial da Festa, que se celebrou os días 2, 3 e 4 de marzo. Tódolos anos, cada 1 de marzo se conmemora a arribada da carabela A Pinta ao porto de Baiona coa nova do descubrimento de América e na fin de semana seguinte a esa data a Real Vila de Baional festexa o acontecimiento no casco antigo da localidade e na pria cunha recreación medieval na que ofrecen xustas, concursos, artesanía, música e gastronomía da época. O eixo central da festa é a reproducción teatral do fito histórico, a escenificación do relato que Martín Alonso Pinzón e os tripulantes de A Pinta fixeron da xesta do descubrimento de América ao correxidor de Baiona o día 1 de marzo de 1493.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31