A ONCE impulsa o consumo de peixe
A ONCE difundiu do 15 ao 18 de xullo unha serie de catro cupóns adicados a impulsar o consumo de peixe, e resultado dun acordo entre a nosa Organización e a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores -FNCP. Manuel Martínez Pan, delegado territorial da ONCE en Galicia, e Basilio Otero Rodríguez, presidente da FNCP, presentaron o cupón dedicado ao polbo na localidade de Burela, na Mariña lucense.
O acto, celebrado na sede da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo,no Porto de Burela, contou tamén coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano, do xefe territorial da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Pablo Fernández Asensio e da directora da ONCE en Lugo, Eva Lorente.
Un total de 22 millóns de cupóns (cinco millóns emedio cada día), promoveron o consumo de varias especies marinas. A FNCP de Pescadores conta na actualidade con 198 confrarías, 10.000 embarcacións e máis de 50.000 traballadores vinculados. O delegado da ONCE en Galicia e o presidente da FNCP amosáronse satisfeitos tanto pola grande distribución dos cupóns como por dar a coñecer a labor dos nosos pescadores e promover a saúde a nivel alimenticio co consumo de peixe.O cupón do luns 15 de xullo estivo adicado ao atún vermello, un peixe azul, túnido, que é oatún de maior tamaño. O seu hábitat atópase por todo o Atlántico, o Mar Mediterráneo e o Mar Negro. É rico en ácidos graxos poliinsaturados, como os coñecidos como Omega3
O polbo foi o protagonista do cupón do martes 16; un molusco cefalópodo e octópodo quevive nos fondos rochosos das zonas litorais, entre rochas e pedras. Con gran valor culinario,aliméntase de pequenos crustáceos, aporta minerais e é rico en vitaminas do grupo B.A pesca do polbo é un auténtico arte en Galicia, onde a forma máis empregada polos pescadores para capturalo son as nasas, un tipo de pesca sostible no que tódalas pezasque entran e non dan a talla mínima, devólvense vivas ao mar.
O mércores 17 ocupón adicouse á sardiña, un peixe azul que pertence á familia dosclupeidos e é un dos grupos de peixes peláxicos máis abundantes. Rica en Omega3, aportafósforo, selenio, iodo, ferro e magnesio, ademais de vitamina do grupo B.A serie pechousee o xoves 18 co cupón adicado ao consumo de sama de pluma, un peixe que pertence á familia dos espáridos, moi frecuente nas costas das Islas Canarias. Habitaen augas pouco profundas, en zonas rochosas, alimentándose de moluscos, cefalópodos epequenos crustáceos. Posee un 1% de materia graxa, é rico en niacina, vitamina A, calcio,
magnesio e fósforo.
O acordo entre o Grupo Social ONCE e a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores conta entre os seus obxectivos promover a mellora da calidade de vida das persoas condiscapacidade a través do intercambio de experiencias e o impulso de proxectos conxuntos. Entre as liñas de actuación do convenio figuran as dirixidas a fomentar a integración laboraldas personas con discapacidade, a accesibilidade universal e o deseño para toda acidadanía, a promoción das compras socialmente responsables, a sensibilización en torno á discapacidade e a divulgación da importancia do consumo de peixe, entre outras.
De feito, esta non é a primeira colaboración da Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo coa ONCE, xa que hai dous meses presentábase a adaptación da súa campaña de difusión da cultura mariñeira “Cando o Como?” en versión sonora, unha que facilita que as persoascegas poidan coñecer tamén na súa páxina web diferentes especies de peixes e mariscos e o seu período preferente consumo, de forma que cun lector de pantalla poidan interpretar ese contido de maneira sonora.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31