Xunta e ONCE renovan a colaboración na atención educativa

NÚMERO 20 - OUTUBRO 2019

convenio90919_educacion_06x.jpg

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a  ONCE  veñen de renovar a súa colaboración para prestar atención especializada, inicialmente, a 366 alumnas e alumnos con discapacidade visual en centros educativos de toda Galicia. A conselleira de Educación,  Carmen Pomar, e mailo delegado territorial ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, asinaron a addenda ao convenio entre ambas institucións , que arrancou no ano 2013,  e que fai posible que 6 profesores do corpo de mestres desenvolvan as súas tarefas profesionais nos equipos específicos da ONCE, prestándolle apoio ao alumnado cego ou con discapacidade visual, tanto en educación primaria e 1º e 2º da ESO, como en centros e unidades de educación especial. A Consellería destina a este convenio un total de 230.227,85 euros para o curso 2019/20.

Ao abeiro deste acordo facilítase o acceso do alumnado con discapacidade visual escolarizado en centros ordinarios aos recursos tecnolóxicos e á transcrición e gravación a braille dos libros de textos e dos materiais curriculares. Deste xeito, favorécese a súa inclusión educativa, á par que unha atención especializada e axeitada ás súas necesidades. En concreto, o convenio permite establecer un marco de colaboración para a atención educativa do alumnado con cegueira ou deficiencia visual grave, así como das súas familias e dos centros educativos aos que asistan; promover a coordinación dos servizos educativos e dos complementarios, organizando e facendo rendibles os recursos das diferentes institucións; e facilitar a conformación de equipos específicos para a atención educativa a este alumnado.  

Neste sentido, o obxectivo do convenio é a unión de forzas para darlle cumprimento ao compromiso fixado pola Consellería a partir da publicación do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Neste caso xúntanse os recursos materiais e humanos  da ONCE ao  profesorado que cede a Consellería neste acordo. A contía total destinada por Educación a este fin desde que se puxo en marcha a colaboración coa ONCE no ano 2013 ascende a máis de 1,4 millóns de euros.

 

Imaxe doutro momento da sinatura da addenda ao convenio Xunta e ONCE

Publicador de contidos

Más noticias de Protagonistas

pintura_a_cegas_2.jpeg
susanapodium_susana.jpg
convenio90919_educacion_06x.jpg

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos