A ONCE impulsa o consumo de peixe
A ONCE difundiu do 15 ao 18 de xullo unha serie de catro cupóns adicados a impulsar o consumo de peixe, e resultado dun acordo entre a nosa Organización e a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores -FNCP. Manuel Martínez Pan, delegado territorial da ONCE en Galicia, e Basilio Otero Rodríguez, presidente da FNCP, presentaron o cupón dedicado ao polbo na localidade de Burela, na Mariña lucense.