A Conselleira do Mar felicita á ONCE por visibilizar o labor das mariscadoras no concurso Veo Evolución
A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, felicitou á ONCE “por sitúar ás mariscadoras de Galicia como o que son, un dos símbolos máis senlleiros e prezados de Galicia e do noso mar”. Así o dixo no acto de presentación do cupón do 26 de septiembre, ilustrado cunha fotografía do arquitecto e fotógrafo noiés Pedro García Losada, que captou unha instantánea dunha mariscadora faenando no Testal, na Ría de Noia.