O CRE participou na feira PonteSan
O Centro de Recursos Educativos -CRE- da ONCE en Pontevedra participou a fin de semana na I Feira da Saúde e o Benestar de Pontevedra, PonteSan, que converteu a Praza de España pontevedresa nun escaparate do traballo das asociacións socio comunitarias que traballan na cidade. O CRE instalou un posto informativo, no que exhibou diferente material adaptado e informativo sobre o seu labor.