O candidato socialista de Pontevedra reuníuse coa dirección do CRE
De cara aos comicios municipais do próximo mes de maio, o portavoz e outros membros do grupo municipl do PSdG-PSOE de Pontevedra realizaron unha visita ao CRE da ONCE onde mantiveron unha reunión co seu director José Ángel Abraldes. Na mesma, o candidado solicialista á Alcaldía, Tino Fernández, trasladoulle o paquete de medidas que leva o seu programa para mellorar a seguridade e a calidade de vida das persoas con discapacidade visual, e atendeu tamén ás demandas e opinións expostas pola dirección do centro.