Aprendendo inglés no CRE
Como tódolos veráns, o CRE de Pontevedra acolle a rapaces e rapazas afiliadas procedentes de toda España que participan nos cursos intensivos de Inglés. Os xoves afiliados completan esa formación con actividades como a práctica de surf na praia de A Lanzada e visitas culturais a Santiago de Compostela e otros lugares.O primeiro destes grupos, que estivo na segunda quincena do mes de xullo, recibíu a visita do presidente do Grupo Social ONCE, Miguel Carballeda Piñeiro, que posa con eles nesta fotografía tomada no patio do CRE, e na que tamén aparecen o director do centro, José Ángel Abraldes, e o director xeral adxunto de RR.HH. e Xerais da ONCE, Jorge Íñiguez. Coincidindo cunha visita de traballo á cidade do Lérez, Carballeda aproveitou para coñecer de primeira man as actividades académicas e de lecer que realizan os xoves.