Xornada deportiva cos mellores

NÚMERO 22 NADAL 2019

crelugodeportegrupoadaratou.jpg

A fin de semana do 30 de novembro e 1 de decembro a cidade de Lugo acolleu a celebración da IV Escola deportiva organizada polo  Centro de Recursos Educativos -CRE- da ONCE de Pontevedra, e nela participaron unha ducia de escolares xunto a catro profesionais que lles inculcaron valores como o disfrute, o compañerismo, e tamén costumes de vida e de alimentación saudables.

O primeiro día disfrutaron unha xornada de  atletismo nun entorno de calidade, como é o módulo cuberto das pistas de atletismo Gregorio Perez Rivera. Alí sacaron a relucir a súa técnica de carreira e as súas dotes atléticas en lonxitude e lanzamento de peso sen saber nada da visita que  ían recibir poco tempo despois. Nada máis que dous  grandísimos atletas: Adiaratou Iglesias (subcampeona mundial absoluta en 100  e 200 metros lisos) e Jairo Salgueiro (campeón mundial junior en salto de lonxitude). Ámbolos coas súas palabras conseguiron motivar e empoderar aos doce xoves deportistas e aos catro  profesionais a lograr os seus soños e as súas metas.

Cheos xa de forzas e ilusión, o segundo día do encontro deportivo continuou coa práctica da modalidade de goalball no pavillón do  CPIFP Politécnico de Lugo. Houbo calentamento e logo aprendizaxe de técnicas, orientación, e paradas e lanzamento de penaltis, rematando a xornada cun partido disputado entre eles.

 

Un grupo de nenos e nenas participantes seguindo as indicacións dos  profesionais

 

Imaxe dos rapaces calentando para comezar a xornada deportiva

 

 

Publicador de contidos

Más noticias de CRE

Collage con las diferentes actividades realizadas durante la XVII Escuela Deportiva del CRE de Pontevedra
Un grupo de personas en un taller de braille utilizando la máquina perkins

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos