Teatro inclusivo desde o CDG

NÚMERO 6/ 7 . AGOSTO-SETEMBRO 2018

850x450_divinas.jpg

Por primeira vez na súa historia, o Centro Dramático Galego -CDG- ofreceu o venes 6 de xullo, unha representación adaptada para persoas con discapacidade visual, grazas á colaboración da ONCE, cuxos técnicos da Delegación Territorial fixeron a audiodescrición da obra. Esta foi unha das principais novidades da segunda estadía en Compostela da montaxe teatral "Divinas Palabras Revolution", dirixida por Xron. Ademáis da poder seguir a obra con audiodescrición, a colaboración da ONCE permitiu aos asistentes disfrutar dunha importante rebaixa no prezo das entradas. A representación tivo lugar na sede do CDG, o histórico edificio Salón Teatro de Santiago de Compostela e puxo fin á tempada de traballo da Compañía.

 

Esta versión, a primeira en idioma galego de "Divinas Palabras" é unha actualización de Valle Inclán aínda que respetando o texto e a esencia de Valle. "Divinas Palabras Revolution" achega unha ollada actual e crúa da traxicomedia valleinclaniana, ambientada aquí na "aldea global" fronte a "aldea" do orixinal. Na versión do CDG os personaxes que interpretan Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéitez participan nun concurso de telerrealidade,  un "reality show" durante o que teñen que convivir nunha casa-plató vixiados polas cámaras as 24 horas. 

Imaxe do cartel oficial da obra "Divinas Palabras Revolution"  no que se recrea a faciana de Valle-Inclán a través dos seus característicos lentes ,  sombreiro e a barba.

 

Publicador de contidos

Más noticias de Actividades

850x450_divinas.jpg
campamentoourenemastercheffinal.jpg

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos