Sentir o Mar

NÚMERO 5- XULLO 2018

sentir_o_mar_barco.jpg

O Club Náutico de Aguete (Pontevedra)acolleu a presentación da publicación ‘Sentir o Mar, achegándonosao mar cos sentidos’, na que participou a directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez e o director do CRE da ONCE de Pontevedra, José Ángel Abraldes, entre outros.  O libro recolle o traballo ralizado por un equipo de profesionais do ámbito educativo e social e demostra distintas formas de vivir o mar para as persoas con discapacidade visual.

 obxectivo da iniciativa é trasladar á sociedade que as persoas con discapacidade visual poden gozar do mar dunha maneira completa. Logo de presentar oficialmente a publicación, un grupo de afiliados da ONCE embarcaron en 15 embarcacións tradicionais previamente adaptadas e fixeron un percorrido por mar pola ría de Pontevedra.

Co obxectivo de achegar o mar aos membros da ONCE entregouselles unha maqueta a escala da embarcación na que se embarcaron para que poidesen recoñecer as partes do barco de forma doada.  Tamén se lles deron  láminas en relevo que lles permitiron completar a descrición do barco cos nomes de cada parte en braille  realizar un percorrido guiado pola embarcación.

Presentación do Libro editado pola Xunta coa colaboración do CRE


O libro nace promovido pola Consellería do Mar coa colaboración do CRE da ONE de Pontevedra e o Concello de Marín e está financiado polo programa europeo EcoDestin da Asociación Galega de Actividades Náuticas e a Axencia Global de Acreditación Náutica (AGAN+), que ten como obxectivos fundamentais dinamizar a náutica galega e converter a Galicia nun destino náutico por excelencia, aproveitando a súa riqueza natural e patrimonial.

 

Publicador de contidos

Más noticias de CRE

sentir_o_mar_barco.jpg
aprendiendo_marisqueoencarril.jpg

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos