Sendeirismo en Becerreá

NÚMERO 9. NOVEMBRO 2018

lufoto_de_grupo.jpg

Un numeroso grupo de afiliados procedentes de diversos puntos de Galicia participaron  nunha xornada sabatina de sendeirismo  coa Asociación "Castañeira e Nogueira" de Becerreá (Lugo) durante a cal percorreron o sendeiro de Quintá-Río Donsal, celebrando logo un xantar de confraternidade seguido dun magosto. 

Os sendeiristas da ONCE  trasladáronse ata Becerreá a bordo de dous autobuses procedentes de Vigo de A Coruña e foron recibidos polo alcalde de Becerreá, Manuel Martínez e por Ricardo Ares, membro da directiva da asociación que fixo de guía durante todo o percorrido.

O tramo realizado foi o comprendido entre a aldea de Sevane e Quintá de Cancelada, un percorrido sensorial que neste comezo do outono estivo cheo de cores, olores e sons para disfrute de todos os participantes.  Naactividade participou a Xefa do departamento de Servizos para Afiliados da ONCE de Galicia, Dolores Venancio, que intercambiou agasallos institucionais co alcalde de Becerreá.

 

Dolores VEnancio e o alcalde de Becerreá intercambiaron agasallos institucionais

 

 

Houbo un xantar, magosto e tamén baile na compaña de gaiteiros e pandereiteiras. Iste é a segunda vez que afiliados da ONCE realizan unha ruta de sendeirismo con esta asociación de Becerreá, que pretende que o sendeiro cuxo impulso e conservación promoven, sexa unha ruta inclusiva, apta para o disfrute de tódalas persoas.

 

  Imaxe do grupo da ONCE participando no baile preparado por gaiteiros e pandereteiras

 

Publicador de contidos

Más noticias de Actividades

lufoto_de_grupo.jpg
degustacrestagape-03-32.jpg

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos