Saúdo de Benvida do Delegado Territorial

NÚMERO 1 - MARZO 2018

7260foto_dt.jpg

Prezadas compañeiras e prezados compañeiros,

Compráceme darvos a benvida ao novo  Boletín Dixital de ONCE Galicia (BDOG),  unha nova ferramenta de comunicación que poñemos á vosa disposición para facer mais visible o labor desenvolvido nos distintos ámbitos do Grupo Social ONCE en Galicia. Este Boletín Dixital que hoxe vos presento non ven a suplir ningún dos soportes comunicacionais dos que xa dispoñemos, senón que ven a complementalos a todos eles, chamando a atención sobre os acontecementos acaecidos no noso entorno mais inmediato: a actividade xenerada nos nosos centros e pola nosa xente, as iniciativas emprendidas en Galicia pola nosa querida Fundación, á marcha do noso grupo empresarial social Ilunion en Galicia, ou mesmo ás novas mais destacadas das entidades sociais do CERMI e do terceiro sector na nosa comunidade; en definitiva,a todo o que teña que ver con este maravilloso proxecto social e colectivo que día a día construimos entre todos e todas.

No noso ánimo está manter unha canle de comunicación estreita con todos vós, afiliados e afiliadas e traballadores e traballadoras desta Casa. Recibiredes o BDOG nos vosos correos electrónicos de forma mensual, agás no verán que terá unha periodicidade bimestral, sendo a suscripción é voluntaria e gratuita.

Neste ano  estamos a conmemorar o 80 aniversario do nacemento da ONCE , e facémolo orgullosos de ternos convertido nun modelo único e admirado en todo o mundo. O pasado mes de febreiro estreamos unha campaña publicitaria para celebrar a efeméride co lema “Contigo, facemos  da evolución unha revolución”.  Revolucionario, sen dúbida,  é o que, grazas ao traballo dos nosos devanceiros e de quenes hoxe formamos esta gran familia e á solidaridade da sociedade española, que confía en nós e nos apoia, logramos crear  algo único no mundo: o Grupo Social ONCE, formado pola ONCE , a súa Fundación e o seu grupo de empresas sociais Ilunion, sempre á procura  de conseguir   unha sociedade mellor, máis solidaria e máis inclusiva. Perosabedores de que aínda queda moito por facer, moitas barreiras que romper para garantir tódolos  dereitos das persoas con discapacidade, non deixaremos pasar ningunha oportunidade de facernos escoitar e por iso damos a benvida ao BDOG como vehículo de comunicación, trasparencia e participación que aspira a que sintas a ONCE cada vez mais perto de ti.

Manuel Martínez Pan

Delegado Territorial ONCE

Publicador de contidos

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos