O disco máis inclusivo da Historia
O Palacio da Ópera de A Coruña acolleu a primeiros do mes de maio a presentación do disco máis inclusivo da Historia. Un proxecto ideado e feito realidade polo musicó Rober Pier, coa participación case un centenar de membros de sete colectivos con discapacidades diferentes, e que contou na súa presentación co acompañamento da Banda Municipal de A Coruña, dirixida por Juan José Ocón.
Impulsado pola Asociación 'Tres por Cuatro" o proxecto Músicas Inclusivas e Participativas enmárcouse no programa Cultura Accesible e Inclusiva que desenvolven conxuntamente a Fundación Emalcsa e o Concello, e dirixido por Rober Pier. Como músico e como técnico sociosanitario, Pier imparte dende hai tres anos talleres musicais en distintas entidades da cidade, entre elas a ONCE, onde leva o grupo de musicoterapia ao que asisten afgiliados e afiliadas da cidade. Todo o disco xira arredor de elementos da natureza. No concerto-presaentación do disco no Palacio da Ópera tamén interviron a cantante Lydia Botana e os coros Ludus Tonalis, Sotto Voce e Grupo Vocal. A peza estrela do disco é a canción 'Diversos funcionales', que Rober Pier creou para a ONCE, un tema no que demándase a normalización.