O Cupón apoia a Feira do Capón de Vilalba

NÚMERO 22 NADAL 2019

vilalbaimagencuponferiacapon.jpg

A  Feira do Capón de Vilalba (Lugo) é o motivo do cupón da ONCE do sábado 21 de decembro, véspera da celebración da feira que se celebrar o domingo 22. Cinco millóns e medio de cupóns xa están á venda levando por toda España a celebración da exaltación dun dos produtos  máis típicos e coñecidos da gastronomia da Terra Chá.

A ONCE apoia así o unha cita anual que ten unha tradición antiquísima. As referencias á Feira do Capón na capital chairega remóntanse case a dous séculos, pois atopáronse anotacións nos libros do Concello no ano 1835. As referencias histórico-literarias á carne do capón, pola súa banda, son moito máis antigas, e aparecen na Historia Animalium do filósofo  Aristóteles, no Libro del Buen Amor do Arcipreste de Hita , no Quixote de Cervantes ou no Buscón de Quevedo. O capón chegou a ser moeda para pago de favores e aínda hoxe existen zonas onde se pagan rendas con capóns.

A Asociación de Criadores de Capón de Vilalba recoñece que este ano 2019 ten censados máis de 50 productores que crian arredor de 1.600 exemplares, ainda que só sairán á subasta unha parte deles. A carpa da Feira abrirase ao público o  domingo día 22 ás 10:30 horas na Praza da Constitución e, por vez primeira, na mesma tamén haberá degustacións varias gratis, vanse cociñar diferentes pratos á vista dos asistentes e tamén vanse poder adquirir outros produtos da Terra Chá como o queixo e o mel de San Simón, o famoso Rosco de Vilalba, a xenebra rosa fabricada en Vilalba, etc.
 

 

Publicador de contidos

Más noticias de Xogo

Cupón del día 14 de diciembre de 2025 dedicado a Monforte de Lemos
Logo de los productos de lotería ONCE premiados en Galicia durante el mes de diciembre

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos