O CRE se reinventa en tempos de pandemia

NÚMERO 32- DECEMBRO 2020

muneae-_con_titulo_de_la_accion_formativa.jpg

O Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE en Pontevedra levou a cabo a primeiros do mes de novembro unha colaboración na formación do alumnado do máster universitario de necesidades específicas de apoio educativo. Tratouse de atender a   33 estudantes do Prácticum 1 dese posgrao que se imparte na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus da cidade de Pontevedra
A xornada de formación tivo como temática a discapacidade visual e a diversidade na aula, e durante a sesión abordáronse as necesidades específicas relacionadas coa educación desta poboación. Limitados polas restricións de presencialidade ás que obriga a pandemia, a xornada se reinventou e celebrouse online a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Os 33 alumnos realizaron unha viaxe virtual a través de 44 preguntas sobre os servizos e a intervención educativa da ONCE, o impacto da crise sanitaria actual, as súas consecuencias nas persoas con discapacidade visual e como a ONCE reaccionou fronte á pandemia.

 

Imaxe que recolle un momento da xornada na que se ensina o funcionamento do método Braitico



Especial atención mereceu o braille, xa que o sistema e  métodode lecto-escritura é o máximo expoñente nesta formación. Houbo preguntas relacionadas co papel da ONCE na sociedade actual, considerándoa como un motor de cambio para a inclusión das persoas con discapacidade visual. Antes da formación, desde o CRE proporcionóuselle á organización do máster da Universidade de Vigo un repositorio dixital documental sobre o que traballaron e apoiáronse os alumnos para a elaboración das preguntas que se envorcaron na sesión formativa.

Tamén estivo presente a voz do alumnado coa participación, a través de dous vídeos, da estudiante afiliada  Iris Estévez. Esta estudante do CRE de Pontevedra explicou o funcionamento da máquina Perkins coa que se escribe en braille, así como a diferenza entre utilizar un bastón e un can guía por parte dunha persoa con cegueira.

 

Na imaxe vese á estudante afiliada Iris Estévez ensinando o manexo da máquina Perkins

 


Nesta ocasión, as profesionais do CRE responsables da formación foron a pedagoga Pilar Carballo Lado e a profesora María Teresa Hermida, quen mediante as súas intervencións resolveron as dúbidas expostas e proporcionaron aos estudantes do máster un interesante e enriquecedor achegamento á discapacidade visual.

 

 

Publicador de contidos

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos