O colectivo de Xordocegueira pide comprensión e accesibilidade

Seccións: Solidariedade
sordoceguera_1.jpg

As asociacións de persoas xordocegas pediron días pasados unha sanidade pública “accesible” ante os problemas de comunicación que se atoparon durante a crise do coronavirus, así como unha maior comprensión nunha época marcada polo distanciamento social e as  máscaras, que dificultan a comunicación.

A Federación de Asociacións de Persoas Xordocegas de España (Fasocide), a Fundación ONCE para a Atención de Persoas con Xordocegueira (Foaps) e a Asociación Española de Familias de Persoas con Xordocegueira (Apascide) presentaron un  manifesto polo Día Internacional das Persoas Xordocegas coas súas reivindicacións.

Según o documento  difundido, a crise do Covid-19 puxo de relevo “unha vez máis” a “vulnerabilidade á que  está sometida este colectivo”. Neste sentido reclaman accessibilidade e medidas de hixiene na nova situación tralo  confinamento”. En concreto, ven necesario garantir “unha sanidade pública accesible para as persoas xordocegas, contando cos apoios e recursos comunicativos que permitan o acceso aos servizos sanitarios en igualdade de condicións”.
Tamén aspiran a unha “flexibilidade necesaria a tomar, por parte das persoas xordocegas e o  resto  da sociedade, para posibilitar a interacción comunicativa entre ambas, contando coas características específicas de menor distancia, contacto físico e necesidades das persoas xordocegas para poder comunicarse”. Tamén demandan a universalidade da lingua de signos no ámbito da TV,  unha língua de signos adaptada con fondo oscuro e maior tamaño e subtítulos con contraste, sendo neste momento crucial a información sobre a saúde”.

 

Unha moza xordocega interactuando cun mediador

 

E tamén piden favorecer a accesibilidade á información e prensa escrita a través dos medios dixitais, garantindo o acceso á “información normativa e oficial”
Ademáis, ven a necesidadee nenas sordociegas en igualdad de condiciones que el resto de mujeres con y sin discapacidad”.
 As asociacións lembraron que “durante o periodo de confinamento  aumentou o número de consultas ao Servizo de Atención a Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero”. Por tanto, aseguraron que é necesario desenvolver e implementar protocolos en situacións de emerxencia para as persoas xordocegas.

Información e medios

Tamén pediron ao Goberno e a organismos públicos ou privados a “garantía de que os seus equipos dispoñen da formación e información necesaria para saber a quén dirixirse para solicitar o servizo de guía-interpretación” ou  “garantir a dotación de material preventivo para as persoas xordocegas e os profesionais, xa que  a comunicación coas persoas xordocegas, dada a súa su heteroxeneidade, esixe a presencia física, proximidade e uso constante  de contacto das mans”.

Por último, as asociacións tamén pediron priorizar os tests de coronavirus ás súas propias entidades “para coñecer qué persoas están afectadas, xa sexan persoas xordocegas ou profesionais, co fin de posibilitar que o colectivo esté conectado co entornoe a realidade”, pois “se necesita do contacto social para romper o illamento que están vivindo”.

RRSS_Compartir

Compartir :

Publicador de contidos

Calendario

Febreiro

« »
  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos