O 15 de xuño arrincan os sorteos cos vendedores a pé de rúa

Seccións: Xogo
cupon_15_de_junio.jpg

O vindeiro luns 15 de xuño arrincan os sorteos dos tradicionais  cupóns cos vendedores a pé de rúa, e desde o  pasado día  25 de maio hai sorteos do  “Super Once” e do Triplex”, que se poden mercar nestes días  na web e tamén en establecementos autorizados. Nesa data máxica, 15 de xuño, tamén abren os centros da ONCE e á vez os vendedores se  incorporarán aos seus postos de traballo para “repartir ilusión” nas rúas e mostrar que a normalidade volve a todos os recunchos da nosa xeografía.

A decisión  adoptouse dacordo coa normativa vixente do proceso de desescalada fixado polas autoridades e, especialmente, toda vez vez garantidas as  medidas de seguridade  para todos os vendedores da Organización e os seus clientes mediante a debida información e a posta a disposición do material necesario, mesmo tamén para o resto de traballadores.

A ONCE pon en marcha así o plan de reactivación das súas actividades comerciais e operativas, para recuperar a normalidade que representa a volta dos seus vendedores as rúas de  pobos, vilas e cidades , como ven sendo habitual desde hai xa 81 anos, coa única interrupción da pandemia da Covid 19.
O día 15 de xuño, os vendedores xa contarán coa súa carteira de produtos. Ese mesmo luns, ademáis do cupón diario e demáis xogos da ONCE, os vendedores poderán ofrecer tamén aos clientes o Cuponazo do venres e o “Sueldazo” da Fin de Semana.

 

Imaxe dun kiosco de novo deseño

 

 

De feito, os produtos coñecidos como lotarías instantáneas (osos tradicionais rascas), a lotaría europea “Eurojackpot”, o “Super ONCE” e o “Triplex” xa están á venda desde o  25 de maio nos establecementos autorizados que forman o Canal Físico Complementario, especialmente gasoliñeriras, oficinas de Correos, estancos e tendas de conveniencia,  así como na web www.juegosonce.es. 

Tamén  o día 15 de xuño estará habilitados todos os procesos tecnolóxicos que permiten a celebración dos sorteos e, moi especialmente, a tecnoloxía que da soporte á venda por TPV (Terminal Punto de Venda), o único dispositivo absolutamente accesible para todas as persoas con discapacidade e que permite o pago con tarxeta, moi aconsellable nesta situación de pandemia.

Ademáis de volver a  celebración dos sorteos dos productos periódicos do cupón: Diario, Cuponazo e Fin de Semana, haberá outros especiais: o Sorteo Extraordinario do Día do Pai (retrasado pola crise sanitaria) terá lugar o domingo 21 de xuño; o mércores 24 de xuño haberá un sorteo especial do Día de San Xoán, e o 15 de agosto terá lugar o Sorteo Extra de Verán da ONCE. De todos eles  iremos informando polo miudo nos días previos.

 

Imaxe do cupón do Extra Día do Pais que vai ser sorteado o día 21 de xuño

 

En función deste calendario para a recuperación da actividade coa máxima normalidade posible, a ONCE traballa  nunha campaña de información para os seus sus vendedores, así como  na dotación de elementos de hixiene e protección suficientes para recuperar a venda con seguridade para vendedores e clientes. Os vendedores contarán con luvas, guantes, máscaras, pantallas protectoras, solución hidroalcohólica, e canta dotación máis sexa precisa.

Ao mesmo tempo, se estuda a  ubicación dos vendedores en función da nova situación xenerada nos quioscos, na vía pública, en áreas de transporte como aeroportos e estacións ferroviarias ou de autobuses, en centros comerciais, en áreas sanitarias ou en calquera outra localización, sempre para cumprir a normativa vixente e  garantizar a seguridade. E arrincatamén a limpeza de todas as oficinas e instalacións, así como o acondicionamento dos quioscos ubicados no espazo público e /ou noutros lugares de venda.

RRSS_Compartir

Compartir :

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos