Muxía mudou a Romaría polo Cupón
A contorna do incomparable emprazamento muxián do Santuario da Virxe da Barca acolleu os primeiros días de setembro a presentación oficial dun cupón adicado ao lugar, que axudou a paliar a desazón causada pola suspensión dos eventos relacionados coa Romaría da Virxe da Barca a consecuencia da pandemia da COVID-19.
O delegado territorial da ONCE, Manuel Martínez Pan, entregou unha réplica enmarcada do orixinal do cupón ao alcalde de Muxía, Iago Toba, e declarou sentirse “orgulloso de desde unha organización tan singular para a economía e a sociedade como é a ONCE levar un lugar tan singular da xeografía e a cultura popular galegas como imaxe do cupón", así como tamén de "contribuir a mitigar, no que poidamos, a ausencia nesta ocasión da tradicional romaría a causa da pandemia”.
O alcalde de Muxía, Iago Toba Campaña, agradeeu á ONCE a iniciativa e dixo que o feito de o Santuario aparecese no cupón do 8 sde setembro converterase “nunha lembranza de por vida para todas as persoas que o adquiriran”. O rexedor muxián, en agradecemento á ONCE pola iniciativa, entregoulle ao delegado territorial unha pequena escultura réplica do santuario. O rexidor subliñou que "o orgullo e sentemento que lle produce a un muxián ter entre as súas mans o tan familiar cupón da ONCE e ver nel un dos seus tesouros, é indescriptible"
Ao acto tamén acudiron o primeiro tenente de alcalde muxián, Javier Romar e a segunda Tenente de Alcalde, Olalla Benlloch, así como o director da Axencia ONCE de Santiago de Compostela, José Antonio Riveiro e un nutrido grupo de invitados, entre os que se atopaba o capelán do Santuario da Virxe da Barca, que ocuparon os asentos dispostos á beira do oceano.
Pola súa banda, Manuel Martínez, delegado da ONCE en Santiago de Compostela, destacou que ‘estamos encantados desde esta organización tan singular para a economía do noso país levar un punto tamén moi singular desta xeografía galega’, anotou Martínez.