Galicia nos motivos do cupón

Seccións: Xogo
cupon_obelisco.jpg

 O Obelisco coruñés inaugurou o 11 de marzo unha nova serie de cupóns de Diario dedicada nesta ocasión aos reloxos máis emblemáticos das cidades españolas que leva por nome “Ciudades en punto y hora”. A serie consta de 50 cupóns e rematará a finais do ano 2020. 
O  Obelisco coruñés, ubicado no Cantón Grande, fronte á Delegación Territorial da ONCE de Galicia, é o centro xeográfico da cidade, lugar  de encontro para coruñeses e visitantes. Construido en homenaxe ao deputado, senador e ministro compostelán Aureliano Linares Rivas, gran valedor da cidade herculina, foi inaugurado o 10 de febreiro de 1895 e  aínda que se coñece popularmente como "Obelisco" non é tal,  senón que trátase dunha columna  conmemorativa de planta octogonal, rematada cun reloxo  en forma de globo e con  catro esferas,  coroado por unha veleta cunha carabela e un  pararraios.

No seu día, dous das catro esferas amosaban a hora de A Coruña e as outras dúas a hora de Madrid, debido aos 19 minutos e 20 segundos de diferencia horaria solar entre ámbalas cidades. Ao reloxo do Obelisco dáselle corda semanalmente, de forma manual. A columna que o sosténm está oca no se su interior , para albergar a maquinaria do reloxo e cables do pararraios e veu aumentada a súa altura orixinal no ano 1952 por decisión do alcalde Alfonso Molina, para que estivese máis acorde coas alturas dos edificios darredor.

 

Cupón da Feira do Queixo de San Simón

Imaxe do cupón que homenaxeou a Feira do Queixo de San Simón da Costa

 

E o mes de abril comezou con outro cupón con motivo galego. O sábado día 6 homenaxeou a XXV edición da Feira do Queixo de San Simón da Costa que se celebrou na capital da Terra Chá, Vilalba, durante a fin de semana. A  ONCE apoiou   así o recoñecemento deste  delicioso produto gastronómico, típico dos municipios que conforman a comarca da A Terra Chá e que está catalogado coa Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa.

A variedade  de queixo de San Simón da Costa pertence aos municipios de conforman a comarca de A Terra Chá, na provincia de Lugo, onde o sector lácteo é un dos principais motores  económicos.  A tradición di que a receita deste queixo procede dos celtas, e a principios do século XX apareceron de maneira oficial documentos que acreditaron a presenza destos queixos fora da nosa comunidade autónoma, e foi nos anos setenta do século pasado cando o queixo de "San Simón da Costa" comezou a ter grande relevancia. 

Na súa elaboración danse dúas premisas básicas: a elaboración con leite de vaca rubia galega, frisona e pardo-alpina, e o afumado de abedul, que lle aporta o seu característico sabor. Hoxendía existen na comarca de A Terra Chá numerosas queixerías de fabricación artesanal que exportan a todo o mundo e a súa calidade é certificada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa.

RRSS_Compartir

Compartir :

Publicador de contidos

Calendario

Febreiro

« »
  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos