Estudante Galeguista do Ano
O venres 23 de novembro pasado o xove estudante afiliado Marco Pereira Oliveira recibíu o I Premio "Estudante Galeguista do Ano 2018, entregado pola Asociación Nacionalista Galega -ANG- . Marco Pereira, natural de Xove e de 24 anos de idade, rematou o ciclo superior de Administración e Finanzas no IES Perdouro de Burela (Lugo) e na actualidade estuda primeiro curso de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela.
A ANG recoñeceu o seu expediente académico así como o labor que desenvolve como coordenador e locutor do programa de Radio Burela "Grandes Voces do Noso Mundo", un espazo aberto ao mundo lusófono. A entrega do galardón tivo lugar na Sala Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, e nela interviron, entre outros, o decano da Facultade, Xosé Ramón Pousa, en representación da entidade organizadora, e o propio estudante Marco Pereira. O director da ONCE en Santiago, José Antonio Riveiro Canosa, acompañou ao xove estudante afiliado no acto de recoñecemento, no que a ANG entregou a Marco un diploma acreditativo do premio e un importante lote de libros.