Encontro institucional con Inés Rey

A comezos do mes de xaneiro o delegado territorial e o prtesidente do Consello Territorial mantiveron un primeiro encontro institucional coa nova alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, a quen plantexaron diveros asuntos relacionados coas persoas cegas e coa presenza da ONCE na cidade herculina. Trasladáronlle á rexidora a importancia de darlle continuidade a proxectos nos que levan anos traballando en colaboración a ONCE e o Concello e abriron outras vías de colaboración no futuro próximo.
Entre os asuntos tratados estiveron os relacionados coa accesibilidade no transporte público e nas rúas, poñendo énfase na regulación do uso de patinetes eléctricos na conservación do pavimento adaptado ás necesidades das persoas con discapacidade. A educación inclusiva e as actividades culturais e de lecer tamén foron abordadas nesa xuntanza, salientando a importancias de que todas as persoas podan disfrutar con normalidade da súa asistencia a concertos, exposición e outras actividades programadas na cidade.
Manuel Martínez e Carlos Fernández tamén lle expuxeron á alcaldesa os problemas que teñen as persoas con discapacidade para obter un emprego así como e a alta taxa de desemprego que hai entre as persoas con discapacidade, con maior índice de paro entre as mulleres, e puxeron a disposición do Concello tódolos recursos de que dispón op Grupo Social ONCE, a través da súa Fundación e de Inserta Empleo para incluir a tódalas persoas con discapacidade da bolsa do Concello. A incorporación paulatina dos novos quioscos accésibles e ecolóxicos en substitución dos actuais tamén formou parte dos temas tratados, así como a preocupación da ONCE polo xogo ilegal, polo que supón de abuso de persoas con discapacidade e doutras en risco de exclusión na comercialización de xogos ilegais.