Convocada a XI edición dos Premios Solidarios

NÚMERO 1 - MARZO 2018

solidarios-once-300x256.jpg

O Consello Territorial da ONCE en Galicia,  que preside Carlos Fernández Lamigueiro, ven de convocar a  undécima edición dos Premios Solidarios ONCE-Galicia, que este ano xirarán arredor ao 80 aniversario da institución y que convócanse coa finalidade de recoñecer a  persoas físicas ou xurídicas que destaquen polo seu labor solidario na súa contorna de influencia, con especial atención á evolución social e ao inconformismo como parte esencial do ADN da ONCE. Nesta convocatoria, o Xurado valorará de xeito especial cómo outra forma de facer e pensar trasforma a sociedade e faina evolucionar.

A convocatoria establece cinco categorías de premios. Unha primeira destinada á institución,  organización,  entidade ou ONG que teña destacado pola súa sensibilidad social no ano pasado ou ben pola súa longa traxectoria ou dedicación a prol dos dereitos sociais dos máis desfavorecidos. A segunda categoría premia ao programa, artigo ou proxecto de comunicación (televisión, radio, prensa escrita e prensa dixital), que teña abordado de xeito destacado calquera  materia de interese social, coincidinte cos valores esenciais do Grupo Social ONCE e coa filosofía da Economía Social e os obxectivos do Terceiro Sector.

Unha terceira categoría é para a persoa física de Galicia que destaque pola súa longa traxectoria e dedicación solidaria a colectivos que loitan por gañar un lugar na sociedade. Un carto premio é para a empresa, preferentemente do ámbito da economía social, que contribuira de xeito significativo á promoción  e inclusión laboral de persoas en risco de exclusión. Finalmente, o quinto premio  concedese a un estamento da Administración Pública que desenvolva programas e proxectos continuados dentro dos siguientes campos: prevención da discapacidade,  rehabilitación e  inclusión,  accesibilidade universal en tódolos seus ámbitos e supresión de barreiras físicas e mentais que axuden á igualdade de oportunidades para todos.

O  prazo de presentación de candidaturas  finaliza o xoves 12 de abril de 2018. As candidaturas serán públicas e abertas, podendo propoñelas calquera persoa física ou xurídica.  Deberán enviarse ás direccións de correo electrónico ssd@once.es  ou cfla@once.es , ou ben á seguinte dirección postal:  Secretaría do Consello Territorial da ONCE en Galicia. R/Cantón Grande, 3. 8ª planta- 15003 A Coruña. As bases da convocatoria están na web da ONCE e tamén  pódense solicitar nas direccións ssd@once.es  e cfla@once.es

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas, farase público o Fallo do Xurado entre os días 20 e 25 de abril. O Xurado estará presidido polo presidente do Consello Territorial de ONCE-Galicia, e formarán parte do mesmo ol delegado territorial, un conselleiro xeral da Organización e representantes da Administración, do ámbito da discapacidade, do Terceiro Sector e Economía social e da comunicación.

 

Publicador de contidos

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos