Centenario do Racing de Ferrol
O centenario do Racing Club de Ferrol S.A.D. xa ten o seu cupón que se sortea o vindeiro sábado 5 de outubro. As instalacións do Club en A Malata, acolleron o acto de presentación da iniciativa que difundirá a efeméride do Racing en 5,5 millóns de cupóns.
Carlos Fernández Lamigueiro, presidente do Consello Territorial de ONCE- Galicia, acompañado de José María Criado Labajo, presidente do RCF e de Carlos López Fernández, xerente do Club, presentaron o deseño do cupón, no que se reproducen sendas fotografías de A Malata, unha antiga e outra do estadio actual, así como os escudos do Club, acompañados do texto “100 años Racing de Ferrol. 1919- 2019”.
Carlos Fernández fixo entrega aos representantes do Racing dunha reproducción enmarcada do orixinal do cupón, realizada pola Imprenta da ONCE e trasladoulle aos directivos os mellores desexos da organización para o Club neste centenario e nos anos por vir. O Racing, que recén ascendeu a Segunda División B - Grupo 1, conta cunha consolidada afición que va máis alá de Ferrol e a súa bisbarra e organiza anualmente , entre outros eventos, o Trofeo Concepción Arenal, en homenaxe á ilustre ferrolá, no que teñen participado equipos españois e estranxeiros, aínda que o equipo que máis veces participou foi a Deportivo de A Coruña.