Catro xoves galegas comezaron a formación de Radia

Seccións: Solidariedade
cartel_programa_radia_recortado_0.jpg

Catro xoves mulleres galegas con discapacidade reciben desde o 22 de setembro formación para acceder a postos tecnolóxicos grazas ao Programa Radia, unha iniciativa impulsada pola  Fundación ONCE,   a Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas e a Fundación CEE, cuio obxectivo é favorecer a inclusión de persoas con discapacidade en entornos de traballo dixital.

As catro galegas que emprenderon a formación son Alba Fernández Díaz. Educadora social por la Universidad de Vigo en Ourense; Ana Tomé, xornalista e formadora;  Cristela Torres., graduada en comunicación audiovisual con máster en comunicación e xornalismo e  Patricia Vicente Villa.  Física e Perito Xudicial en Accesibilidade.

Trátase de ofrecérlleles oportunidades de emprego  a todas elas, ás mulleres con discapacidade que  forman parte do grupo que menos opcións ten de dessenvolvemento profesional nos ámbitos tecnolóxicos. A formación   rematará en xuño de 2021 e divídese en  en tres fases que combinan formación presencial e virtual, sobre os asuntos máis candentes da transformación dixital, como intelixencia artificial, fintech, esport, ecommerce, ciberseguridade, biotecnoloxía, blockchain ou Green teach. Ademáis, contará coa tutela e formación inspiradora con mentoras de diferentes empresas e prácticas en empresas tecnolóxicas.

 

Fotografía de varias participantes no programa o día da presentación telemática, e na que aparece a galega Ana Tomé

 

 

PROGRAMA RADIA

A historia de Radia Perlman inspirou o nome do programa RADIA WOMEN’S DIGITAL INCLUSION. Radia é a creadora dun dos protocolos de comunicación máis utilizados  no mundo que fai que as redes funcionen correctamente, sexan estables, robustas e seguras.

Na actualidade, só un de cada seis especialistas TIC incorporados ao mercado laboral é unha muller. A este dato engádese ademáis a circunstancia dla discapacidade,  que dificulta  inclusión das mulleres con discapacidade no ámbito da educación superior e o emprego. Por iso, o  propósito do programa é ofrecer formación e  emprego que inclua a máis mulleres con discapacidade no sector dixital, recoñecendo tanto o valor das súas achegas, como  o seu talento, esencial para construir unha sociedade dixital inclusiva, competitiva e dinámica.  RADIA establece unha serie de pasos encamiñados a aumentar o número de universitarias con discapacidade sentadas en postos de traballo basados no uso de tecnoloxía dixital.

 

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos