Adeus a un verán cargado de premios

Seccións: Xogo
cabecera_juegos_fondo.jpg

O verán despedíuse da nosa comunidade deixando un regueiro de premios nas distintas modalidades de produtos de xogos ONCE,  que levaron alegría a moitas familias e tamén aos nosos vendedores.  Entre os máis salientables cabe citar os premios repartidos por Bautista Domínguez Senra na localidade de Fisterra,  pois con poucos días de diferencia repartíu 185.000  euros , cun boleto do Súper Once premiado o 20 de agosto con 150.000 euros e o 5 de setembro con 35.000 euros a un cupón premiado ás cinco cifras. Sen saír da provincia de A Coruña, en Ferrol Ana Mará Branco Bouza vendeu un boleto do 7/39 premiado no sorteo do 17 de setembro con 12.645 euros.

Logo Sueldazo del Fin de Semana de la ONCENa provincia de Ourense os premios máis salientables foron os repartidos o 9 de setembro por José Antonio Marino que vendeu  en Celanova dous cupóns do soteo de Fin de Semana cun total de 40.000 euros en premios. Mediado setembro, o día 19 a sorte foi para Verín, onde Juan Carlos Lameiro repartiu 175.000 euros en cinco cupóns de Diario premiados ás cinco cifras. E o mes rematou nesa provincia cunha fazaña descoñecida ata o momento: o vendedor de Maside-O Carballiño  Adrián Fernández Cerdeira, quen vendera o primeiro rasca "Millonario" en O Carballiño aos dous días de saír á venda o produto en España,   vendeu outro  "Millonario" premiado con 500.000 euros este pasado mes de setembro.

Logo del 7/39 de la ONCETamén en Pontevedra tocou a sorte, concretamente na cidade de Vigo, onde Patricia Clara González Piñó vendeu na rúa Pi e Margall da cidade olívica  un rasca "MiniSueldo de tu vida" premiado con 5.000 euros ao momento máis un soldo de 500 euros ao mes durante 5 anos. Otro premio significativo foi para a localidade de O Porriño, onde Manuel Delfín Pereira  vendeu un boleto do 7/39 premiado con 13.391,01 euros no sorteo do xoves 27 de setembro.

E o mes de setembro rematou cun premio importante  na provincia de Lugo, onde Pilar López Rodríguez vendeu no seu quiosco da rúa Cardenal de Monforte de Lemos un boleto do Súper Once con 10m de 11 aciertos, premiado con 50.000 euros.

 

Logo Super ONCE

Logo Rascas de la ONCELogo Eurojackpot

 

RRSS_Compartir

Compartir :

Publicador de contidos

Calendario

Febreiro

« »
  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos