A ONCE apoia a Festa do Boi de Allariz

A “Festa do Boi” de Allariz (Ourense) foi a protagonista do cupón do 29 de maio. Cinco millóns e medio de cupóns difundiron esta festa que ten as súas raíces no século XIV.
O cupón dedicado á “Festa do Boi” foi presentado na Casa do Concello da localidade ouresá por Manuel Martínez Pan, delegado territorial da ONCE, e Francisco García, alcalde de Allariz, que estivieron acompañados polo presidente e varios membros da Asociación Cultural Xan de Arzúa e da tenente de alcalde alaricana Cristina Cid.
O delegado territorial de ONCE entregou ao alcalde unha reproducción enmarcada dol cupón a tamaño maio do orixinal. Manuel Martínez felicitou ao pobo de Allariz polo arraigo que ten adquirido a fiesta tradicional, que atrae cada ano a milleiros de visitantes, moitos deles chegados de fora de Galicia, para participar nunha festa que este ano prolongouse durante dez días.
A Festa do Boi rememora a xesta dun fidalgo alaricano, Xan de Arzúa, que no ano 1317 decidiu poñer fin ao asalto que sufría cada ano a procesión do Corpus Christi cando ía camiño do convento, por parte da pobosción xudea que residía extramuros de Allariz. Entón, Xan de Arzúa subíuse a un boi e, na compaña de varios criados e cargado de sacos de formigas, encabezou a procesión e, cando os xudeos aparecieron para boicotearla, afastounos a base de cornadas e choiva de formigas.
Desde entón todos os anos, polo Corpues, saía o Boi por Allariz, apagándose a tradición durante a guerra civil española e recuperada no ano 1983, con moita forzas grazas a un grupo de xoves alaricáns que constituen a denominada asociación cultural Xan de Arzúa.