A Laracha incorpora o braille aos sus recursos turísticos
O Concello de A Laracha ven de impulsar un proxecto dirixido a facer máis doado o acceso á información turística municipal ás persoas con diversidade fincional, que inclue dúas liñas de actuación. Unha delas consiste na colocación de mesas interpretativas e sinalización turística accesible con contidos, material e deseño adaptados específicamente para persoas cegas ou con discapacidade visual.
Están ubicadas en cinco puntos de referencia turística, como son o Paseo marítimo de Caión, o campo da feira de Paiosaco, a Praza do Concello, a área recreativa de Gabenlle e o entorno do mosteiro de San Pedro de Soandres. Ademais de conter información turística en braille, presentan un plano da zona na que están situados destacando en relevo as principais edificacións e infraestructuras“ para permitir que os usuarios, a través do tacto, poidan facerse unha composición do lugar no que se atopan”, según indicaron n desde o Concello.
Ademáis, a toda a sinalización turísticas existente na actualidade lle serán incorporados códigos QR para ampliar a informaciónofrecida por medio do uso dos smartphones. Outra das líñas de actuación consistirá na actualización da páxina web de turismo municipal(www.alarachaturismo.gal) para facela máis accesiblee adaptándoa ás necesidades dos usuarios que presenten algún tipo dediscapacidade sensorial. Implantaranse ferramentas que locuten o contido da web e amplíen o tamaño da fonte das letras, así como unha versión do portal con cores de alto contraste.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31