A Coruña inaugura a serie "Este es tu mercado"

Seccións: Xogo
presentacion_del_cupon_dedicado_al_mercado_eusebio_de_a_guarda.jpg

O día 13 de xaneiro o Mercado Eusebio de A Guarda de A Coruña, máis coñecido como mercado da Praza de Lugo inaugurou a serie "Este es tu mercado", formada por 52 cupóns de diario e destnada a homenaxear aos mercados municipais como espazos emblemáticos de pobos e cidades, ás veces ubicados en edificios centenarios e testemuñas sempre do día a día dos cidadáns, dos seus costumes e dos produtos típicos da gastronomía de cada lugar.

Cinco días antes do sorteo ol delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e o presidente del Consello Territorial, Carlos Fernández Lamigueiro, presentaron o cupón e a serie xunto á nova  alcaldesa de A Coruña, Inés Rey a quen lle fixeron  entrega dunha copia enmarcada do cupón. Os tres coincidiron en salientar a oportunidade de que a Praza de Lugo fose o primeiro escaparate dos mercados españois.

O Mercado Eusebio de A Guarda, de titularidade municipal, ten fama nacional pola grande calidade e variedade de pescados e mariscos. O  moderno e funcional edificio que o alberga na actualidade foi inaugurado no mes de xullo de 2006, en sustitución do primitivo de 1910. Deseñado polo arquitecto coruñés Jacobo Rodríguez Losada,  o edificio ten no seu exterior tendas de marcas recoñecidas e ao seu redor outras marcas de moda e xoierías de primeiro  nivel, encadrando a coñecida como “milla de ouro” coruñesa.

 

Na imaxe, momento da entrega dunha reproducción enmarcada do cupón da Praza de Lugo á alcaldesa de A Coruña

 

 

Praza de Abastos de Compostela
A Praza de Abastos de Santiago de Compostela foi o segundo cupón desa serie, e foi sorteado o día 14 de xaneiro.  Neste caso, o espazo comercial e gastronómico foi o expoñente da  tradición arquitectónica e escultórica secular da Compostela Patrominio da Humanidade, dado  a Praza de Abastos é o  segundo lugar máis visitado polos turistas na cidade después da catedrale leva aberta  tres séculos, desde 1873, ofrecendo produtos frescos do mar e do campo galegos. Ubicada no centro do  Casco Histórico, emplázase nun edificio ecléctico construido en 1941 según deseño do arquitecto Joaquín Vaquero Palacios, aínda que conserva do mercado de 1873 o murallón que da á ría Virxe da Cerca e o  enlosado de granito. Ol conxunto histórico- arquitectónico da Praza de Abastos está ubicado entre varias iglesias: a un lado a de San Fiz e ao outro a de San Agustín. 

 

Imaxe do cupón de Diario coa imaxe da Praza de Abastos de Santiago de Compostela

 

Na imaxe, unha vista da Praza de Abastos na que se aprecia a grandiosidade da  súa arquitectura

 


 

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos