Na Feira Franca de Pontevedra
Un grupo de 27 afiliados, traballadores e amigos da ONCE de Pontevedra participaron activamente na XX edición da Feira Franca da cidade do Lérez. Como veu facendo dende hai dezanove anos, a Axencia pontevedresa instalou no Casco histórico de Pontevedra unha carpa na cal organozouse o xantar e a cea do domingo 7 de setembro. A estrutura da carpa, os enseres de mesa e as vestimentas dos participantes estiveron dacordo coa época medioeval que rememora a Feira. Durante a xornada os participantes puideron escoitar a música tradicional a cargo de Marta Rey de Vicente, afiliada á, que formou grupo coa súa irmá e un amigo.