XVII Encontro de Profesionais da Educación

O 20 de novembro celebrouse o XVII Encontro de Profesionais no CRE da ONCE de Pontevedra, no que participaron vinteseis profesores e orientadores da provincia de Pontevedra das etapas educativas Infantil, Primaria e ESO . Esta edición, organizada por tres mestres, a técnico de rehabilitación e a pedagoga do CRE, comezou escoitando as voces de profesores de estudantes con discapacidade visual dos centros da provincia de Pontevedra e compartindo experiencias inclusivas para poder mellorar.
“Somos un Equipo grande” comentaba unha orientadora ao describir o seu centro. Esta misma filosofía levouse a este espacio de diálogo sobre educación. Profesionais da ONCE abordaron con eles, de xeito colaborativo, a realidade das aulas e os posibles camiños facilitadores de inclusión. Neste sentido, e fronte á relevancia das competencias específicas, relacionadas co braille, tecnoloxías adaptadas, etc., foron igualmente valoradas a visibilización das diferencias, o traballo das atitudes, a empatía e as emocións, como bases imprescindibles no desenvolvemento persoal de todos os alumnos con ou sen discapacidade e ademáis nos procesos de axuste á discapacidade visual. Relacionar e condicionar estas competencias coa meta de conseguir unha sociedad inclusiva indica que estamos vivindo un proceso de cambio en educación e que a inclusión educativa é un proceso “sen retorno”" tal como sinalaron algúns.
A actual rebelión dos patios de recreo tamén se abordou nesta xornada expresando a necesidade de espazos máis inclusivos, con menos balóns e máis estratexias que incluan a todo o alumnado. Na última parte de acción formativa, denominada “Espazo Informativo”, a técnico de rehabilitación centrouse na importancia de que as persoas con discapacidade visual vivan e se desplacen nos centros con autonomía, e mostrou camiños para poder facelo. A formación impartida pola ONCE a través destes foros de diálogo e nos centros ten sido valorada como imprescindible e de gran axuda no labor educativo que realizan.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30