Xunta de Galicia e Fundación ONCE firman un convenio de colaboración

O titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e o presidente da ONCE e a súa Fundación, Miguel Carballeda Piñeiro, firmaron un convenio de colaboración entre a Xunta e a Fundación ONCE. O acto tivo lugar na sede da Presidencia do Goberno galego en San Caetano (Santiago de Compostela) na mañá do 6 de febreiro. Durante o acto, ámbolos dous avogaron pola cooperación da Xunta e os distintos axentes sociais, neste caso a Fundación ONCE, para seguir avanzando cara a unha sociedade na que ter distintas capacidades non signifique ter menos oportunidades. Os dous presidentes subliñaron que o convenio asinado contribuirá a afondar na relación entre a ONCE e a Xunta de Galicia e a eliminar as barreiras de todo tipo que as persoas con discapacidade teñen que afrontar, cunhas metas que abranguen a formación, a accesibilidade ou a empregabilidade. En virtude deste convenio a ONCE investirá 4 millóns de euros en 2 anos con posibilidade de prórroga.
O presidente da ONCE e a súa Fundación, Miguel Carballeda subliñou, ademáis, que a ONCE, xunto coa súa fundación e a súa corporación empresarial xera máis de 100.000 empregos directos e indirectos.
Pola súa banda, o presidente do Goberno galego lembrou que a Administración autonómica seguirá traballando co fin de dar unha cobertura maior e de máis calidade a aqueles que teñen limitada a súa autonomía persoal. Ademais, sinalou que a Xunta destinará neste exercicio preto de 103 millóns de euros á atención das persoas con discapacidade, 7 millóns e medio máis que en 2017. Unha contía que permitirá colaborar máis e mellor coas organizacións sociais, incrementando a partida dos convenios coas federacións de discapacidade nun 5%; aumentar nun 60% a orde de axudas a entidades de ámbito municipal para mellorar os seus equipamentos en accesibilidade e para a supresión de barreiras arquitectónicas; e crear novas prazas de atención á discapacidade, ao aumentar a partida destinada a sufragar o seu custo ata acadar os 84 millóns de euros.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31