Visita ao Pazo de Tor
Un grupo de afiliados participou nunha actividade do programa de Museoloxía Social da Rede Museística da Deputación de Lugo, que consistíu nunha visita virtual guiada ao Museo Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, e nun obradoiro, que foron desenvolvidos por Tar López, Ángeles Miguélez e Encarna Lago.
A visita inscribeuse dentro do programa IMAXINANDO A CEGAS, da Rede Museística Provincial de Lugo, que na procura continua de museos igualitarios, sostibles e inclusivos, deseñou esta actividade multicanle para o colectivo de persoas con deficiencia visual severa. Con anterioridade, afiliados da ONCE xa xa fixeran outras dúas visitas virtuais ao Museo Provincial do Mar e abril e ao Museo Provincial de Lugo en maio deste ano.
Un programa informático permite ao visitante virtual facer un percorrido completo por todo o que é visitable neste do século XVII, que alberga unha voluminosa colección de obxectos de épocaey obras de arte. A aplicación permite simular un paseo no que o usuario avanza ao seu antoxo polas dependencias do pazo . É unha experiencia moi similar á que proporciona a aplicación Google Street View, que permite non perderse nin un matiz dunha colección artística e histórica rica en detalles.
n de Tor, pertence ó concello de Monforte de Lemos. As orixes do pazo están ligadas á liñaxe dos Garza no século XIV e a súa derradeira propietaria María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga fixo doazón da propiedade á Deputación Provincial de Lugo. O edificio foi construído no último tercio do século XVIII , encadrable dentro do estilo barroco.
Cando a Deputación Provincial de Lugo recibe a doazón do pazo acomete unha serie de obras de acondicionamento e mellora do edificio e procédese á súa musealización, que se abre ós visitantes en 2006. A visita ó Pazo de Tor non só permite coñecer de primeira man unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega, senón permite tamén coñecer integramente todas as salas e dependencias do mesmo, co seu mobiliario orixinal e coas coleccións artísticas que a familia foi atesourando ó longo dos séculos, un testemuño privilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30