Un día a cegas na Universidade

actividadudevigo.paseoaciegas.jpg

O alumnado de primeiro curso do Grao de Educación Social do campus de Ourense está a desenvolver este cuadrimestre un proxecto no que buscan como mellorar a accesibilidade do seu centro, a Facultade de Educación e Traballo Social, a todo tipo de colectivos. No marco desta iniciativa, participaron nun obradoiro sobre diversidade funcional visual na que tiveron a oportunidade de pórse na pel dunha persoa cega e poder así entender mellor as súas necesidades e que foi impartido pola técnica de Rehabilitación de ONCE-Ourense e Educadora Social, Leicia Viéitez.

 

Imaxe na que aparece Leticia Viéitez acompañada polo decano da Facultade e o Profesor de Pedagoxía Social, Millñen Brea, na presentación do obradoiro


Na presentación do obradoiro, Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educación e Traballo Social, subliñou a importancia de que o alumnado deste centro se forme no eido da atención á diversidade. Fronte á “homoxeneización tradicional”, o responsable académico recalcou que “a educación está para pór en funcionamento as capacidades diversas das persoas e tratar de que cada persoa goce da vida colectiva, comunitaria, aproveitando ao máximo os seus recursos”. Apuntando como estamos “moi lonxe de acadar este logro”, Xosé Manuel Cid apostou por traballar conxuntamente por este obxectivo e amosou o seu desexo de facer neste caso “unha facultade máis accesible a todo o mundo”.

 

Os alumnos na aula con gafas que lles reducen a visión


Ao longo do obradoiro, Leticia Viéitez explicou aos futuros educadores sociais o traballo que se realiza na ONCE e introduciunos na atención ás persoas con diversidade funcional visual. Así, explicoulles en que consiste un programa de rehabilitación, o traballo que realiza o equipo multidisciplinar que atende a cada persoa con esta problemática na entidade, centrándose no papel do técnico de rehabilitación. Ademais de saber como proceder en liñas xerais cunha persoa con diversidade funcional visual, a educadora social salientou a importancia de que as e os futuros educadores sociais empaticen con este colectivo, que se conciencien e se sensibilicen coas súas necesidades. Co obxectivo de acadar esta empatía, ao longo do obradoiro desenvolvido este xoves, as e os estudantes puidéronse pór na pel de persoas con diversidade funcional visual empregando bastóns, camiñando con gafas ou antefaces que lles impedían a visión completa e realizando diferentes exercicios neste senso.

 

Imaxe de Leticis Viéitez dirixíndose aod alumnos do Grao de pedagoxía Social no Campus de Ourense

 

RRSS_Compartir

Compartir :

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos