Teatro Muxicas recolle dous galardóns en O Carballiño

Seccións: Protagonistas
muxicasrecogepremio011.jpg

Os compoñentes do grupo de teatro Muxicas de Ourense,  acompañados polo director da ONCE en Ourense,  Jesús Sánchez García, recolleron  o Premio do Público á Mellor Obra  e o Premio Tiruleque  da XI Mostra de Teatro Amador “Terras de Orcellón”. O acto de entrega tivo lugar  nunha gala benéfica celebrada o domingo 3 de febreiro no Auditorio municipal Manuel María de O Carballiño, organizada polo grupo Tiruleque coa colaboración do Concello de O Carballiño e  a Deputación de Ourense, na que actuou o Coro de Cámara Música Viva, dirixido por Valentina Dolisnea Ivasechko, e  o proio grupo Tiruleque coa comedia “Pasou un anxo”, de Herik Svindel.


O grupo de teatro Muxicas, composto por actrices e actores invidentes e ipulsado pola ONCE,  gañou os dos  Premios  na Mostra de Teatro que se celebrou o pasado outono, na que representou o seu espectáculo O inspector, de Nikolai Gogol, con dirección de Tito Asorey.  Muxicas leva case vinte anos facendo posible que persoas cegas ou con discapacidade visual severa poidan achegarse con profesionalidade, rigor e compromiso arti?stico a  o mundo da Arte Drama?tica.  Dende o ano 2007 a direccio?n do grupo recae en Tito Asorey, recon?ecido profesional do teatro ourensa?n, actor e director de escena,  co que levan postos en escena nove especta?culos que puideron ser vistos en escenarios de todo o pai?s, entre eles o ce?lebre Teatro Arriaga de Donosti, onde colleitaron un enorme éxito. Para o seu labor en Muxicas, Tito Asorey conta coa inestimable axuda doutra gran profesional, Sabela Castro. 

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Publicador de contidos