Sentir o Mar
O Club Náutico de Aguete (Pontevedra)acolleu a presentación da publicación ‘Sentir o Mar, achegándonosao mar cos sentidos’, na que participou a directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez e o director do CRE da ONCE de Pontevedra, José Ángel Abraldes, entre outros. O libro recolle o traballo ralizado por un equipo de profesionais do ámbito educativo e social e demostra distintas formas de vivir o mar para as persoas con discapacidade visual.
O obxectivo da iniciativa é trasladar á sociedade que as persoas con discapacidade visual poden gozar do mar dunha maneira completa. Logo de presentar oficialmente a publicación, un grupo de afiliados da ONCE embarcaron en 15 embarcacións tradicionais previamente adaptadas e fixeron un percorrido por mar pola ría de Pontevedra.
Co obxectivo de achegar o mar aos membros da ONCE entregouselles unha maqueta a escala da embarcación na que se embarcaron para que poidesen recoñecer as partes do barco de forma doada. Tamén se lles deron láminas en relevo que lles permitiron completar a descrición do barco cos nomes de cada parte en braille realizar un percorrido guiado pola embarcación.
O libro nace promovido pola Consellería do Mar coa colaboración do CRE da ONE de Pontevedra e o Concello de Marín e está financiado polo programa europeo EcoDestin da Asociación Galega de Actividades Náuticas e a Axencia Global de Acreditación Náutica (AGAN+), que ten como obxectivos fundamentais dinamizar a náutica galega e converter a Galicia nun destino náutico por excelencia, aproveitando a súa riqueza natural e patrimonial.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31