SAÚDA DA CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL

Seccións: Protagonistas
181001_fabiola_24x.jpg

A Xunta de Galicia e a ONCE compartimos un mesmo espírito: a plena inclusión social e laboral das persoas con discapacidade. Esta vocación común levounos e segue levándonos ás dúas institucións a acadar, da man, grandes logros de cara ás persoas con discapacidade.
A ONCE leva 80 anos de intenso traballo a prol da inclusión e do benestar das persoas cegas ou con deficiencia visual grave e apoiando tamén ás súas familias. Nestas oito décadas, conseguiu poñer en funcionamento unha rede integrada e completa de prestación de servizos, para dar resposta e cobertura ás necesidades básicas e pular pola autonomía persoal das persoas con discapacidade visual en todos os ámbitos da vida, tamén no laboral.
Por todo iso, a ONCE é sinónimo de ilusión. Pero tamén é sinónimo de solidariedade e gratitude, pois a través da súa Fundación apoia proxectos e axuda a persoas e entidades de discapacidade non só visual. 
A sociedade galega debe marcarse unha meta fundamental pola que debemos traballar día a día: dar resposta ás necesidades das persoas, en especial daquelas que son máis vulnerables. Un obxectivo que non pasa tanto por que as persoas con distintas capacidades cambien para integrarse na sociedade, senón moi especialmente porque a sociedade cambie para permitirlles acadar e demostrar todas as súas capacidades. 
Nestes 80 anos a ONCE traballou por converter o noso país nun espazo plural no que todas as persoas dispoñan das mesmas oportunidades sen distinción de ningún tipo, achegando á sociedade a súa singularidade particular, pois a diversidade é o que fai máis rico o noso mundo. Garantir esta pluralidade pasa tamén necesariamente por mellorar a accesibilidade das nosas vilas e cidades.
Non se pode negar que aínda queda moito por facer. Pero é necesario recoñecer que se a meta está máis preto é grazas a estes 80 anos de gran traballo. Xuntos seguiremos traballando por unha sociedade de todas e todos e para todas e todos.

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

 

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Publicador de contidos