Preparando a vellez
A axencia de Ourense acolleu o pasado mércores 26 de xuño unha xornada sobre Envellecemento Activo, impartida por Javier Valencia Rajoy, Licenciado en Educación Física e monitor deportivo, que coordena as clases de xerontoximnasia que se imparten na axencia ourensá.
A exposición de Javier Valencia xirou arredor dos Hábitos Saudables que poden axudarnos a mellorar a nosa calidade de vida diaria. Máis de 25 afiliados asistiron á charla. O programa de Envellecemento Activo da ONCE busca mellorar a motivación, a saúde e a calidade de vida trala etapa laboral activa.
Durante estes días aa Axencia segue acollendo un programa de actividades, con temas de interese como son planificación económica na xubilación, a saúde, a calidade de vida, o ocio, a cultura, o tempo libre, etc.) para todos os afiliados da ONCE maiores de 55 anos sen actividade laboral e perceptores dunha pensión derivada dunha relación directa coa Organización.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31