Os Solidarios premian un ano máis o compromiso da sociedade galega

Seccións: Protagonistas
foto_final_escenario.jpg

A UCO da Garda Civil, a  película Campeones, o grupo  Vegalsa-Eroski, a activista Rosario Pérez Montes e o Club Atletismo Sada foron galardoados cos Premios Solidarios 2018, cos que ONCE-GAlicia premiou  o compromiso e a solidariedade da sociedade galega. Os galardons entregaronse o xoves 31 de maio  durante unha gala celebrada no Teatro Colón de A Coruña, presentada por Laura Ferrer e Patti Bonet.

Os Solidarios  valoran a labor de persoas, entidades, empresas e institucións públicas e privadas que traballan a prol da sensibilización, a integración, a accesibilidadee, a inserción laboral e a inclusión das persoas con discapacidade, ddándolle pulo a unha sociedade  cada vez máis normalizada. Nesta convocatoria, o Xurado tivo en conta, especialmente,   “cómo outra forma de facer e de pensar, transforma a sociedade e faina evolucionar”.

Os cinco galardoados posan no vestíbulo do Colón antes do comezp da Gala

O acto estivo presidido polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, que ostentou a representación do Presidente da Xunta, e contou coa presenza do Vicepresidente Executivo da Fundación ONCE, Alberto Durán, así como do alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro Baamonde, o vicepresidente do Parlamento, de Galicia, Diego Calvo, a deputada de Igualdade da Deputación de A Coruña, Anxela Franco, así como o subdelegado dol Goberno en Galicia, e unha numerosa representación do ámbito da discapacidade e o Terceiro Sector.

Vista xeral do asistentes á Gala, con numeros afiliados e traballadores da ONCE

Carlos Fernández Lamigueiro, presidente do Consello Territorial de ONCE-Galicia, entregou o premio ao Club Atletismo Sada #8211CAS-, que recolleu o seu presidente, Fernando Mínguez Sánchez. O CAS foi galardoado “pola súa sensibilidade e a súa  traxectoria a prol  das persoas en risco riesgo de exclusión desde a súa creación 2010”. Saliéntase o seu espíritu orientado a motivar a práctica deportiva e o seu esforzo por integrar no deporte a persoas con discapacidade, logrando que o vivan en plenitude, ademais de desenvolverr unha importante labor de voluntariado. Tamén se valorou a súa loita por conseguir que a Federación Galega de Atletismo aprobase a resolución que permite a atletas con diversidade funcional participar nas competicións.

Carlos Fernández  entrega o premio ao presidente do Club Atletismo Sada

 

O alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro Baamonde, entregou o premio concedido ao labor da Unidade Central Operativa #8211UCO- da Garda Civil, que recolleu o coronel xefe da Unidade,  Manuel Á. Sanchez Corbí. A UCO foi galardoada polo seu labor de contido social. “Ao órgano central do servizo de Policía Xuicial da Garda Civil, encargado de investigar e perseguir a delincuencia e o  crimen organizado nacional e internacional y e de apoiar ás Unidades Territoriais da Policía Xudicial que requiran a súa intervención, se lle valora especialmente a alta capacidade profesional dos seus membros e a cercanía á sociedade, amosada nos numerosos casos nos que ten traballado e, neste último ano, pola resolución de dous grandes casos mediáticos de secuestro e asasinato: os da xove Diana Quer e o do neno Gabriel Cruz”.

O coronel Sánchez Corbí, xefe da UCo recibe o galardón de mans do alcalde Xulio Ferreiro


Anxela Franco, deputada provincial de Igualdade, entregou o galardón á activista viguesa Rosario Pérez Montes , quén ten unha longa traxectoria e dedicación solidaria. Rosario Pérez estivo inmersa no mundo da drogadicción toda a súa xuventude, ata os 39 años e hai xa 20 anos que logrou sair dese duro mundo das drogas e  pasarse “ao outro lado”.  O seu esforzo, constancia  formación como axente sociocomunitaria da saúde,valéronlle para poñer o seu coñecemento ao servizo dos que seguían no “inferno” da drogadicción. Traballou con  persoas sen fogar enfermas de Sida, é impulsora do programa municipal SEREOS do Casco Vello de Vigo e leva 16 anos traballando como auxiliar en asuntos sociais  no  Albergue Municipal de Vigo.

A viguesa Rosario Pérez recibe o galardón de máns da deputada Ánxela Franco e coa presenza de Corina Porro


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, fixo entrega do premio concedido á película Campeones, que recolleu o seu produtor, Luis Manso. A longametraxe dirigida por Javier Fesser e protagonizada polo actor ferrolán Javier Gutiérrez, foi premiada “polo seu pulo á integración e a súa demostración de que as persoas con algún tipo de discapacidade intelectual teñen o seu papel na sociedade na que síntense non só integrados senón realizados e felices. En opinión do Xurado, trátase dun traballo “valente, alonxado do morbo e que axuda a desmitificar tabúes sobre as persoas con discapacidade intelectual”.

Luis Manso, produtor de Campeones recibe o premio de mans do conselleiro de Política Social da Xunta

 


Por último, o Vicepresidente Executivo de Fundación ONCE, Alberto Durán, entregou o premio ao grupo Vegalsa-Eroski, que fui recollido por  Gabriela González Márquez, directora de RSE e Relacións Institucionais do grupo. O galardón a este grupo empresarial recoñece as súas iniciativas e o seu labor solidaria comprometida e continuada cos colectivos máis necesitados. Entre as moitas accións solidarias que fai , valoráronse algunhas delas circunscritas a Galicia, como a firma dun acordo coa Asociación Galega de Familias Numerosas para axudar a aliviar a economía familiar deste colectivo, o seu aderimento ao programa de fomento da natalidade “Tarxeta Benvida” da Xunta de Galicia, o pulo da campaña  en axuda das enfermidades raras “Pode ser máxico grazas a ti”, na cal prestaron unha importante axuda á Fegerec, que representa a 200.000 persoas en Galicia e outras iniciativas como a recollida de roupa usada e de doazón de alimentos á Cociña Económica de A Coruña, que ascendeu a 7.900 kilos de alimentos.

Alberto Durán entrega el premio a Gabriela González, directora de RSE de Vegalsa-Eroski


O Xurado dos Premios Solidarios ONCE Galicia 2018 estivo formado por Carlos Fernández Lamigueiro, Presidente do Consello Territorial de ONCE Galicia;  Manuel Martínez Pan,  delegado territorial de ONCE en Galicia; Elías Palacio Verdini, vicepresidente do CERMI-Galicia; Eugenio Prieto , conselleiro xeral da ONCE; Mª del Carmen Colmeiro, presidenta de Cruz Vermella de Galicia;  Rafael Cid, delegado territorial de RTVE; Ana R.Nieto, delegada de TVG en A Coruña; Marcos Sanluis,  Xefe de Programas de Radio Coruña-Ser;  Noela Bao, xornalista de Cope; Pilar Ozores, xornalista de OCR e Fernando Molezún, xornalista de  Radio Voz.

Galería de Imaxes

Premiados e autoridades á entrada no Teatro Colón

Imaxe do comezo da chegada de asistentes á Sala

 

Albarto Durán, CArlos Fernández y Manuel Martínez reciben aos invitados no hall do Teatro

 

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos