O Museo de Pontevedra acolle "VER E TOCAR"
Do 8 de febreiro ao 11 de marzo o Sexto Edificio do Museo Provincial de Pontevedra albergou a Exposición “VER E TOCAR” , unha mostra de 32 pezas procedentes do Museo Tiflolóxico que a ONCE organizou con motivo do 75 aniversario da implantación da atención educativa específica para cegos en Pontevedra. O númeroso público que congregou mirou e tocou as maquetas dos Palacios Árabes da Alhambra e do Patio dos Leóns (Granada), ou a do Taj Mahal, da India, para coñecer qué sinte unha persoa cega cando percibe a arte a través do tacto.
Estiveron expostas obras de arte realizadas por persoas cegas ou con discapacidade visual grave, como a serie "Cielo y Tierra Eterno Poema nº 28", do pintor cego Ataúlfo Casado; ‘Luz do Clamor’, fotografía de Carme Ollé; ‘Tripeando’, do tamén fotógrafo con discapacidade visual Juan Torre. ‘Bodegón’, pintura de Mª Covadonga Martín Alonso, ou ‘Dehesa Soriana’, do pintor José Miguel González. Os visitantes tamén tiveron oportunidade de admirar ‘La Castañera’, pintura de Rafael Arias; ‘Gran Vía’, fotografía de Marcelo Bilevich; ‘Concierto I’, do tambén pintor Fernando Torres; ‘Dalí y yo’, unha pintura de Eduardo Matute ‘DUDU’; ou ‘Rossy de Palma’, un retrato que amosa a visión da actriz pola pintora Kelly Arrontes.
A mostra incluiu tamén varias esculturas,material tiflológico e dúas obras "Marca Galicia" que foron o foco da exposición. Trátase do Astronógrafo do compostelano de adopción Manuel López Navalón e da escultura “Homenaxa á ONCE “ do escultor viveirense sordocego José María Prieto Lago.
O astronógrafo de Navalón, realizado en madeira de nogal e bronce data do ano 1884, é un dos dous que se conservan no Museo Tiflolóxico e ofrece información en Braille e explica ás persoas cegas a duración dos días e as estacións. O seu creador, Manuel López Navalón, ainda que naceu en Toledo en 1831, foi o primeiro Director do Colegio Rexional de Xordomudos e Cegos da cidade de Santiago de Compostela, onde pasou cae toda a súa vida e desenvolveu unha enorme creatividade. Home de grande humildade e fortes valores, ademáis de posuir unha grande capacidade creativa, Manuel López Navalón non tardou moito tempo en facer do centro santiagués toda unha institución da época, referente en España e en gran parte de Europa. Moitos inventos de Navalón foron exhibidos tanto en exposicións rexionais como universais (Lugo, Chicago ou París). Pola súa confianza no progreso e no coñecemento, así como pola súa destreza na dirección dun centro educativo punteiro, gozou de importante recoñecemento na súa época. Tamén inventou numerosos aparatos, na súa maoría con intencionalidade educativa, orientados aos alumnos cegos e, en menor medida, aos xordos. Ata os nosos días chegaron dous exemplares do Astronógrafo que se conservan no Museo Tiflolóxico da ONCE. O astronógrafo foi a estrela da Exposición en Pontevedra, como xa o fora no ano 1992 no Pabellón da ONCE na Exposición Universal de Sevilla. Diversas innovacións no ensino de música a cegos, así como o perfeccionamento e estandarización de algúns caracteres Braille téñense producido grazas ao traballo de Navalón.
A outra peza que destacou na exposición foi a escultura “Homenax á ONCE” obra do escultor xordocego viveirense José María Prieto Lago, lucense practicamente autodidacta autor dunha importante obra escultórica, pese a estar privado da vista e o oído. Prieto Lago naceu en Covas (Viveiro-Lugo) no ano 1960 e alí segue vivindo na casa familiar. Aos quince anos de idade comezou a visitar o taller de Juan Luis Otero, prestixioso escultor viveirense, quen o anima a viaxar a Santiago para formarse como escultor. En Compostela permanece dous anos e au seu regreso a Viveiro dedicouse, en exclusiva, á creación escultórica no seu estudio de Covas. NOs últimos anos viuse obrigado a abandoar a escultura polo progreso dunha enfermidade que lle afecta ás mans. Na escultura “Homenaxe á ONCE” vemos como un señor escribe en braille e o papel continuo pasa a formar parte do seu corpo, que arranca desde a espalda.
Todas as pezas da Exposición “VER E TOCAR” teñen títulos en Braille e están provistas de códigos QR, con información accesible a persoas con cegueira ou discapacidade visual a través de teléfonos móbiles, ademáis de beepcons, unhas balizas intelixentes de guiado deseñadas para facilitarlle ás persoas con discapacidade visual a identificación e localización dos obxetos que teñen perto, mediante unha aplicación móbil.
En paralelo á Exposición o CRE da ONCE organizou un Ciclo de conferencias que tamén se celebraron no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra eForon impartidas por persoal técnico e especializado do Centro da ONCE.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31