O CRE de Pontevedra celebra o 75 aniversario
O Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE de Pontevedra comezou o pasado 1 de febreiro os actos actos conmemorativos do 75 aniversario do inicio da atención educativa da ONCE en Galicia en Pontevedra. A primeira actividade foi a celebración dunha "Experiencia a cegas” que congregou a medio centenar de representantes do mundo politico, empresarial, cultural educativo e económico da cidade nas instalacións do CRE para asistir a unha presentación multisensorial do mundo da camelia nos xardíns e, de seguido, participar nun "xantar a cegas", todo coa colaboración do CIFP Carlos Oroza.
Os asistentes participaron na actividade provistos de antifaz para poñerse na pel dunha persoa cega. Moitos deles era a primera vez que experimentaban a sensación de percibir olores e sabores e de sentarse á mesa nun ambiente de completa cegueira, gracias á colaboración do CIFP Carlos Oroza, cuxo profesorado e alumnado fixeron posible a iniciativa do CRE da ONCE para arrancar o seu 75 aniversario.
Representantes de ódolos sectores sociais, entre os que se encontraban a presidenta da Deputación, Carmela Silva; a subdelegada do Goberno, Ana María Ortiz; a concelleira de Benestar, Anxos Riveiro; a presidenta do Pontevedra C.F., Lupe Murillo ou a decana da Facultade de Bellas Artes, Silvia García, foron recibidos polo equipo directivo de ONCE Galicia, encabezado polo delegado territorial, Manuel Martínez; o presidente do Consello Territorial, Carlos Fernández, e o anfitrión e director do CRE, José Ángel Abraldes.
Provistos de antifaces e guiados por alumnos do Ciclo de Guía, Información e Asistencia Turísticas do CIFP Carlos Oroza, asistiron a unha presentación multisensorial do mundo da camelia, proxecto que desenvolve ese centro de formación pontevedrés desde hai dous anos.
Logo da presentación multisensorial, tódolos invitados participaron nun xantar no comedor do CRE, elaborado por alumnos do 2º curso do Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía co profesor Francisco Orge, que elaboraron dous entrantes e tres platos principais , e servida por alumnos do 1º curso do Ciclo Medio de Servizos en Restauración coa profesora Tina Vázquez.
O menú tamén tivo á camelia como protagonista nos entrantes, que consistiron nunha esfera de iogur con aroma de camelia e unha tosta de bacallao con aceite de camelia afumado con madeira de camelia. Do postre encargaronse os alumnos do 2º curso de Ciclo Medio de Panadería, Pastelería e Confitería co profesor ManuelPatiño e do pan artesán os do 1º curso do mesmo Ciclo co profesor Manuel Cordido. Rematado o xantar e retirados os antifaces, os participantes fixeron unha reflexión colectiva do que supuxo a experiencia, e case todos eles coincidiron en salientar que atoparon máis desconcerto e desorientación dda que imaxinaran tanto para localizar os elementos da vaixela como para identificar os produtos que tiñan no prato.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31