Esculpir ás apalpadas
Esculpir ás apalpadas foi a materialización dun proxecto de colaboración artística entre a ONCE e a EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, xurdido da idea de implementar a capacidade reflexiva do alumnado do ciclo superior de Técnicas Escultóricas, sobre os procesos e capacidades necesarias para a práctica da escultura, e da inmersión nestes mesmos procesos de persoas alleas a este campo, neste caso afiliados da ONCE de Compostela, con axuda dos cales cuestionouse a “tiranía da mirada” como factor determinante dentro da plástica escultórica.
Os afiliados ONCE e o alumnado do ciclo de escultura amosaron un xeito de crear dende o “interior intuitivo”, promovendo a atención a outros sentidos, ¿que se escoita cando esculpes?, ¿que tocas?, ¿Que ules?, ¿a que sabe?. Así desenvolveuse a actividade consistente en realizar un autorretrato en arxila, cos ollos vendados, no caso d@s participantes comn resto visual, e asistidos por unh@ alumn@ do ciclo de Técnicas escultóricas, no caso d@s participantes con cegueira. A exp foi moi significativa, e contou coa colaboración de Alicia López, escritora e mestra de escritura creativa, que completou a actividade cun obradoiro de escritura que que deixou testemuña nun breve texto do traballo realizado por cada un dos participantes na experiencia.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31