"Charamuscas" edita o seu primeiro CD
O grupo de música folk CHARAMUSCAS, de Santiago de Compostela, editou o seu primeiro CD, "titulado "Brincan no corazón" , cun coidado deseño obra de @cousasdexulia. José Salvador Pallas Varela, fundador e director do grupo compostelán ve así cumprido un soño que se remonta ao ano 2002, cando comezou a andadura dos seus compoñentes como taller de percusión e voz tradicional de música de Galicia na Axencia ONCE de Santiago.
O CD contén dez temas, algún de creación propia. Son as pezas Vendaval, Charamuscas, Foliada de Carril, Cousas do demo, Costureiriña bonita, Cantar de amores, A Feira, Paseando por Buño, Ribeirana dos rosales e Bolillos. O seu son é fresco e festivo, seguindo a máis pura tradición da música folclórica galega.
Grazas ao pulo de Pallas os integrantes daquel primeiro taller foron adquirindo habilidades ata formar a agrupación musical, que está integrada na súa grande maioría por persoas que traballaron ou traballan na Organización. Nun principio actuaban en eventos relacionados coa ONCE, xa desde hai bastante tempo o grupo consolidouse e multiplicou as súas actuacións por toda Galicia e foron chamados tamén a participar alomenos en tres ocasións no programa Luar da Televisión de Galicia.
Algúns dos xcompoñentes de Charamuscas, pola súa idade, viviron os tempos nos que en moitas poboaciíns illadas de de Galicia, a única saida posible para a juventude era divertirse tocando unha pandereta, unha gaita ou un tamboril, e cantando e bailando ao ritmo destes instrumentos. Este feito dalle ao grupo a posibilidade de recoller de primeira man moitas das pezas que forman parte do seu repertorio, así como otras de creación propia. Foliadas, muiñeiras, pasodobles, "cantares mariñeiros", "pandereitadas", etc, son a base da súa posta en escea.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30