Camiño á Universidade

crepontevedra-abau-2_examinandos.jpg

O  Centro de Recursos Educativos- CRE-  da ONCE en Pontevedra acolleu un ano máis  as probas da ABAU para doce estudantes con discapacidade. Tres deles son  afiliados á ONCE e para a súa preparación tiveron o  apoio dos mestres e mestras dos Equipos Específicos de Atención Educativa da ONCE.

 Un total de doces alumnos e alumnas con diferentes discapacidades afrontaron entre os días 8 e 10 de xuño  as probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia #8211CIUG-  de  desenvolvidas nas instalacións do CRE da ONCE.
Tres dos estudantes, cegos ou con discapacidade visual severa, contaron  para a preparación das probas co apoio dos mestres e mestras que forman parte dos Equipos Específicos de Atención Educativa que a  ONCE, en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia, pon a disposición deste alumnado con discapacidad visual durante toda a súa etapa de formación.

 

Imaxe dunha estudante en cadeira de rodas durante as probas da ABAU no CRE de Pontevedra

 

Coma sempre , desde o CRE colaboraron coa CIUG para que esta proba para as personas con discapacidade non presentara  máis dificultades que as propias do seu contido académico e que o grupo de alumnos con necesidades de adaptación poideran tela solucionada sin  constituir unha inquidanza complementaria para eles. Nesta ocasión, houbo tamén un estudante en cadeira de rodas e outro con  narcolepsia. Os estudantes, procedentes de distintos lugares de Galicia,  permaneceron alonxados nas instalacións do CRE durante os días das probas.

Debido á  actual situación sanitaria,  seguironse  extritas medidas de limpeza, ventilación e desinfección periódicas ademáis de estar a disposición tanto do alumnado como dos membros do tribunal examinador tódolos medios do CRE para protexerse dun hipotético contaxio.
O acceso ás aulas de exámen fixose desde o exterior de modo individual e sen espazos intermedios de espera, conforme ás instruccións oficiais para este exame coa particularidade de que o  número de examinandos foi moi inferior ao que tiveron noutros centros.  Os espazos de exame foron  uns de uso individual e outros  dispuxeron dunha separación moi superior á recomendada polas autoridades sanitarias.

Publicador de contidos

Calendario

Outubro

« »
  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos