CAIXÓN DE XASTRE
Caixón de novas que falan desde o apoio da Delegación territorial á loita contra o Cancro de mama teñindo a sús fachada de rosa, pasando polos novos artiluxios deseñados por Fundación ONCE para mellorar a vida das persoas con discapacidade, ata chegar ao avance do deseño dunha maleta de intelixencia artificial
Novos deseños de obxectos en 3D
Fundación ONCE presentounovos deseños de obxectos para a súa impresión en tres dimensións cos que pretende mellorar a vida diaria dae persoas con discapacidade. O proxecto foi posible grazas á colaboración do Real Patronato sobre Discapacidade e o seu obxectivo é desenvolver produtos asequibles que fagan máis doaas tarefas cotiáns ás persoas con discapacidade.
Algúns deles son un prolongador de asa para a maleta, un punteiro para teclear ou diferentes modelos de vasos, con escotadura e cónicos, que permiten beber con comodidade e seguridade a aquelas persoas que non poden realizar a extensión do pescozo.
Outro soporte para maleta; distintos pomos para os mandos das cadeiras de rodas eléctricas #8211en cadeira de montar e en “U”-, e unha palanca para chave de cisterna, completan a listaxe de oxectos que foron deseñados por Fundación ONCE.
Todos eles engádense aos obxectos que xa estaban dispoñibles, comoo soporte na cadeira de rodas para colgar o bolso, o reposa antebrazos que se adapta á mesa para dar soporte adicional a aquelas persoas que, por diferentes motivos, non teñan a posibilidade de manter a postura, ou unha carcasa que axuda a escribir con precisión nun teclado a aqueles que precisan apoiar toda a man.
Os ficheiros dos distintos deseños atópanse no portal ‘Accessibilitas’, dentro da sección ‘Productos de apoyo’, onde tamén podemos consultar novas, normativa, boas prácticas e outros contidos máis relacionados ca accesibilidade universal.
Co cancro de mama
A fachada acristadada do edificio da Delegación Territorial da ONCE en Galicia, no Obelisco coruñés, tiñeuse de rosa o luns 19 de octubre para conmemorar o Día Internacional do Cancro de Mama , xornada de apoio na súa loita aos milleiros de persoas que o sofren no mundo e para lembrar a todas aquelas que perderon a vida a causa desta doenza . O edificio da D.T. uniuse aos máis representativos da A Coruña, apoiando o chamanento de colectivos e e asociacións sobre a prevención e a realización de revisións periódicas para unha posible detección temperá da enfermidade no caso de padecerla. Neste senso, A ONCE volcouse ao rosa en sinal de apoio.
Maleta con intelixencia artificial podería reemplazar a bastóns e cans guía.
Ese é o desafío a que afronta Chieko Asakawa, científica informática e investigadora de IBM, cega desde a súa infancia: inventar unha maleta de alta tecnoloxía que a axude a chegar au seu destino nas numerosas viaxes que realiza ao ano de xeito seguro e eficiente.
Equipada con cámaras e sensores #8211moitas das mesmas tecnoloxías que se atopan nun un automóvil autónomo#8211, a maleta utiliza intelixencia artificial para mapear o entorno ao seu arredor. Calcula as distancias entre o usuarioe os obxectos, tanto fixos como móbiles. Por outra banda, se utiliza unha aplicación de teléfono móbil para programar un destino na maleta, que planifica unha ruta e dirixe ao usuario a través de vibracións no mango.
A maleta tamén conta con tecnoloxía de recoñecemento da faciana, que pode notificar ao usuario se un amigo está preto del. Tamén pode marcar tendas e outros lugares de interese próximos e dirixir ao usuario cara eles se llelo solicita.
O concepto está desenvolvéndose desde 2017 e Asakawa di que hai esperanzas de comercializar a maleta. Xa se plantexa un plan piloto para probala nun aeroporto, nun centro comercial e noutros espazios públicos. Aida que a versión actual está demasiado chea de tecnoloxía para gardar roupa, eso podería cambiar no futuro.
Asakawa dedica a súa vida ao desenvolvemento da tecnoloxía de accesibilidade e entre as súas creacións está el «IBM Home Page Reader», o primeiro navegador de voz que permitiu o acceso a Internet para persoas cegas e con discapacidad visual. Asakawa está incluida no Salón da Fama dos Inventores Nacionais de Estados Unidos dende 2019..
«Abrirá moitas portas para as persoas cegas, porque poderíamos ir a cualquera parte por nós mesmos, di Asakawa. A tecnoloxía evolucionará de forma natural, predice, a medida que os compoñentes vólvense máis pequenos, lixeiros e potentes. Unha maleta intelixente é un gran escaparate de cómo a intelixencia artificial e a tecnoloxía poden cambiar a vida das persoas con discapacidades visual.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31