Apoio ao 'Ribadeo Indiano'

Seccións: Xogo
ribadeocupon.jpg

O cupón da ONCE que se sortea este xoves 4 de xullo promociona o Ribadeo Indiano e foi presentado este luns 1 de xullo no salón de plenos do Concello ribadense, nun acto no que participaron o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, o presidente dos comerciantes ribadenses - Acisa-, Francisco Iriarte, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Súarez. Tamén asistiu a directora da ONCE en Lugo, Eva Lorente.

O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, manifestou que “este cupón está dedicado a esta festividade que cada ano que pasa está acadando máis repercusión publica e con maiores índices de participación, e que se vai consolidando como unha das referencias na Mariña lucense para toda España. Pretendemos con este vehículo de promoción, que é o noso cupón, esa tarxeta de presentación social que é o noso cupón da ONCE, e que permite que moitas persoas con discapacidade teñan un medio de vida, teñan unha ferramenta de inclusión social. Tamén é a ferramenta de solidariedade que a ONCE utiliza para levar a cabo toda a súa labor social e qué mellor que unilo a causas como esta, arraigadas no imaxinario colectivo da poboación á que todo lle debemos. A ONCE non sería nada sen a sociedade galega e a española e todo llo debemos a eles, a eses clientes que se achegan cada día a mercar os nosos produtos e darlles as oportunidades de vida para as persoas con discapacidade”.

Martínez Pan engadiu que “con este cupón unimos tanto a nosa labor social como tamén devolver dalgunha maneira ese agradecemento á sociedade e tamén ao Concello de Ribadeo, que desde o primeiro momento tivemos unha colaboración magnífica para facer este cupón. Van ser cinco millóns e medio de cupóns que xa están nas mans dos nosos vendedores, ao longo de todo o territorio estatal, e pretendemos que sexa tamén unha promoción para esta festividade”.  E engadiu “a ONCE tamén ten acción social na outra beira do Atlántico, temos a nosa Fundación ONCE para solidariedade con América Latina e por iso poñer en valor esa colaboración que tivemos da sociedade galega alén dos mares. Dalgunha maneira na ONCE seguimos facendo esa labor solidaria, de apoio e unión dos cegos latinoamericanos cos cegos de España. Afortunadamente unha organización como a que ten hoxe España, dicimos que é patrimonio da sociedade española con oitenta anos, pretende mellorar a calidade de vida de moitas persoas”.

A edil de Cultura, Pilar Otero, agradeceu “o interese da ONCE e destacar que o Ribadeo Indiano non sexa soamente unha festa na que pasalo ben, que é o primeiro que desexamos, pero que tamén teña estes pequenos xestos que abranguen o eido cultural e social. Contar co apoio da ONCE parécenos moi interesante, e animamos a todo o mundo a que compre este cupón e a que veña a disfrutar do Ribadeo Indiano”.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, dixo que “desde a nosa asociación queremos dar as grazas á ONCE pola promoción que está facendo do Ribadeo Indiano, que para nosoutros é moi importante, porque é un fin de semana longo no que Ribadeo énchese de xente e a nosoutros vennos moi ben porque o inverno foi moi duro. Ademais este cupón danos a coñecer en toda España, así que de nosoutros soamente tedes palabras de agradecemento porque é moi importante nestes momentos en que estamos”.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, manifestou: “quero destacar cunha palabra a solidariedade desta iniciativa, que tamén se funde na solidariedade que temos este ano no Ribadeo Indiano con varias actuacións solidarias, pero esta é unha moi boa oportunidade para que de todos os recunchos do Estado se acorden do Ribadeo Indiano. Algúns terán sorte xa que lles tocará o cupón, pero todos os que o compren participarán dalgunha maneira tamén difundindo a nosa idea de Ribadeo e de Ribadeo Indiano e se isto tamén serve para que logre a ONCE seguir traballando na súa misión de tratar á xente con discapacidades, pois benvido sexa”. Ao remate do acto o delegado territorial da ONCE fíxolle entrega ao alcalde dunha reprodución enmarcada do cupón do 4 de xullo de 2019, para que pase a formar parte do patrimonio municipal.

 

 

Publicador de contidos

Calendario

Decembro

« »
  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos

Webs de ONCE

Logo de la web de ONCE (Abrir en nueva ventana)